Este escolar 2019-2020 contamos con catro clubes de lectura: un de 1º e 2º da ESO, tres de 3º e 4º e un de persoas adultas, formado por profesorado e persoal non docente do IES Monte Castelo. Máis de cincuenta persoas compartirán lecturas. O de persoas adultas está aberto a toda a comunidade educativa. Se queredes participar, non dubidedes en facelo.

Estas son algunhas das obras que leremos durante o curso escolar 2019-2020.


Club de 3º da ESO
Club de 3º da ESO
Club de 3º da ESO
Club de 1º e 2º da ESO
Club de persoas adultas
Club de persoas adultas
Club de 1º e 2º da ESO

Nestas entrevistas podemos coñecer a temática das novelas que estamos lendo.

Encontro con Bruno Arpaia
Entrevista a R.J.Palacio.
Entrevista a Naomi Alderman
Conferencia de Nnedi Okorafor

CLUB DE LECTURA DE PERSOAS ADULTAS

A primeira lectura do club de persoa adultas foi a novela de Bruno Arpaia Algo, ahí fuera.

A reunión celebrouse ó final do primeiro trimestre.


A segunda lectura do Club da comunidade educativa é o libro Instrucións para tomar un café de Manuel Núñez Singala.


CLUB DE LECTURA 1º-2º da ESO

Obradoiro de Introdución á ilustración. Decembro de 2019

O profesor de Artes Joaquín Perales Garat impartiu un obradoiro de ilustración para o alumnado do club de lectura da ESO. Despois dunha introdución á historia da ilustración, os participantes puideron coñecer e practicar conceptos básicos de creación de personaxes.


Introdución á historia da ilustración.
Creación de personaxes
O profesor Joaquín Perales explica como ilustrar personaxes

Wonder, la lección de August.

Na reunión da primeira lectura Wonder, la lección de August comentamos a importancia deste libro para tratar valores éticos e temas como o acoso escolar. Wonder gustou a todo a mundo e incluso algunha alumna tamén viu a versión cinematográfica.

Na sesión entregouse o seguinte libro de lectura Os rapaces non calcetan (en público) de T. S. Easton.





Reunión de Wonder

Entrega da seguinte lectura

CLUB DE LECTURA 3º e 4º ESO

O club de lectura de 3º e 4 º da ESO é moi numeroso, polo que se dividiu en tres grupos para poder así rotar as lecturas.

1º reunión do grupo A. A lectura foi a novela de ciencia ficción da autora nixeriana Nnedi Okorafor.

Reunión do club de lectura do grupo B sobre a lectura El poder, de Naomi Alderman. No encontro presentouse a páxina web da biblioteca e os recursos que se poden atopar nela.