O IES Monte Castelo está adherido ao PLAMBE(Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dende o ano 2008. Podedes ver a actividade realizada durante estes anos pasados neste enlace.
Participamos en todas as convocatorias do club de lectura.
Este ano o proxecto que promove a biblioteca ten como lema "Viaxe á creatividade". Buscamos fomentar a creatividade en todos os ámbitos: artes, investigación, traballo coa información; así como as dinámicas activas e o traballo colaborativo.