ANPA FRIAN-TEIS

Coñece o Frian

CONTACONTOS DE NADAL

!! Sorteo!!!

Manda un vídeo felicitando o Nadal e entra no Sorteo de dúas entradas para o espectáculo de Pedro Volta

Manda o teu vídeo ao 648188292 antes do sábado e daremos o gañador o domingo

Bases:

O premio non poderá cambiarse polo seu valor.

Son dúas entradas para unha mesma familia.

O gañador saldrá en directo o domingo 27.

Para participar tes que ser da comunidade educativa do Frián.

O Anpa poderá anular o Sorteo por causas xustificadas.


PARABÉNS XA TEMOS GAÑADOR DA BICICLETA DO VI FRIAN CROSS

VI FRIAN CROSS: "CORRENDO POLA IGUALDADE"


Aquí están todos os vosos vídeos

Invitámosvos a un directo este domingo 22 ás 12 horas da mañá no noso Instagram para celebrar o sorteo da BICICLETA. Conectaros, cántos máis sexamos mellor!!

A Correr!!!!

Agora Trátase de gravar un vídeo 📹 do/s participante/s correndo no lugar/espazo que éste elixa de duración entre 10 e 15 seg máx.

É imprescindible que @ "protagonista" ou familia do vídeo apareza correndo 🏃‍♀️🏃coa camiseta posta e se coloque o dorsal na parte dianteira.

Serán premiados 🏅tódolos vídeos que inclúan o remate un slogan ou frase relacionada co tema "IGUALDADE"


VI FRIAN CROSS: "CORRENDO POLA IGUALDADE"

Boas familias, este ano queremos invitarvos a que participedes no noso VI CROSS FRIAN , un evento que levamos celebrando dende hai uns anos no mes de novembro no recinto escolar e os seus arredores, pero nesta ocasión, pola circunstancia da Covid-19, será Virtual.

Estará enmarcado na temática CORRENDO POLA IGUALDADE , dentro do noso programa "As cores da Igualdade", subvencionado pola Consellería de Igualdade.

BASES VI CROSS FRIAN "CORRENDO POLA IGUALDADE"


  • Todos aqueles que queiran participar deberán cubrir o formulario seguinte: https://forms.gle/De1MBm5XmNGtRjaV6

  • Data límite de inscripción: 28 de outubro.

  • As familias interesadas en participar deberán ser socios da ANPA. A cuota de socio son 15€ anual por unidade familiar

  • Poderán participar todos os pertencentes a comunidade educativa, pais/nais, nen@s, avós, etc. os cales deben cubrir o mesmo formulario, indicando pais/nais, ou invitado no seu apartado correspondente , según sexa o caso.

  • Trátase de gravar un vídeo do participante correndo no lugar/espazo que éste elixa de duración entre 5 a 10 seg máx.

  • É imprescindible que o "protagonista" do vídeo apareza correndo coa camiseta posta e se coloque o dorsal na parte dianteira. Os dorsais se entregarán co nome completo do participante.

  • Serán premiados tódolos vídeos que inclúan o remate un slogan ou frase relacionada co tema "IGUALDADE"

  • A camiseta e o dorsal serán entregados polo titor/a do nen@ na súa aula na semana do 2 ao 6 de novembro. Tamén se lle entregará a dos seus familiares inscritos, se é o caso.

  • -Os vídeos deberán enviarse por Whatsapp ao 648188292 durante a semana do 9 ao 16 de novembro, ambos inclusive.

  • O día 22 de novembro tódolos vídeos recibidos serán colgados na páxina do ANPA: https://sites.google.com/view/anpagonderan/inicio e no Facebok do ANPA: https://www.facebook.com/ANPA-CEIP-FRIAN-TEIS-419734448102171/

Os participantes que envíen os vídeos entrarán directamente co seu número de dorsal no sorteo dunha BICICLETA que faremos o mesmo 22 de novembro de forma online a través do Facebook da Anpa, e publicaremos o dorsal do gañador na páxina web da Anpa.


Contacontos Samain

Volve o Contacontos para Samaín, pero desta vez online. Esperámosvos disfrazados de Samaín o sábado 31 pola tarde para ter una tarde de Medo en Familia...

Son prazas limitadas, anotádevos no correo contacontos.anpafrian@gmail.com antes do vindeiro martes 27, e ó confirmar a praza mandaremos un correo coas instruccións.

Qué teñades unha boa fin de semana


COMUNICADO DA ANPA SOBRE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS CURSO 2020/2021

Estimadas familias,

Lamentamos informar que as actividades complementarias xestionadas pola ANPA: comedor, actividades extraescolares e aula matinal, non poderán levarse a cabo.

A ANPA “GONDERÁN” leva traballando con e para o CEIP FRIÁN-TEIS dende o ano 1997 e os seus obxectivos principais son:

  • Asistir as nais e pais no que concirne á educación dos nosos nenos e nenas.

  • Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.

  • Promover a participación das nais e pais na xestión do Centro.

  • Facilitar a representación das nais e dos pais no Consello Escolar do Centro.

  • Requirir ós poderes públicos o cumprimento da normativa relativa a educación, conseguindo a atención e axudas que esta merece.

Durante o verán, a ANPA estivo en contacto coa dirección do centro, intentando buscar solucións para a realización dos servizos, medindo o comedor, pedindo presupostos de mamparas, solicitando o número de monitoras precisas para adaptar o servizo ante a nova normativa que exise o Covid , etc.

Dende FOANPAS, federación na que está federada a nosa ANPA solicitouse á Administración en varias ocasións, recursos materiais e persoais para levar a cabo estes servizos coa seguridade necesaria, facendo caso omiso, e sen ter contestación nin sequera convocándonos a ningunha xuntanza.

Trala asemblea das ANPAS de Vigo, federadas en FOANPAS ,tomouse a decisión por unanimidade de non xestionar estes servizos. O motivo é que non somos competentes: nin temos os coñecementos necesarios nin temos a formación necesaria nin o amparo legal para poder realizalos.

A negativa da Administración a retirar do Protocolo o artigo que obriga á ANPA a responsabilizarse de todo o que ocorra nestes servizos, é o que nos leva a non poder xestionalos.

O protocolo da Consellería de Educación marca a obrigatoriedade da aprobación dun protocolo de realización de actividades extraescolares “nas que se determinarán as medidas de prevención e protección fronte ao COVID e determinará con claridade as responsabilidades das persoas organizadoras ou xestoras”, cargando deste xeito toda a responsabilidade do que suceda, na ANPA, sendo esta cuestión a máis importante para non poder dar os servizos.

Somos conscientes do importante que son estas actividades para a conciliación e seguiremos insistindo e loitando para que non desaparezan.

Sabemos que a lexislación nos ampara para poder demandar estes servizos na escola publica. Temos dereito a conciliar e demandar que os servizos que tiñamos antes desta situación de emerxencia sanitaria, sigamos a telos, xa que as nosas situacións laborais e de conciliación, no canto de mellorar, agraváronse.

Lamentamos a situación, non somos responsables da situación que estamos a vivir, e as direccións e o profesorado dos nosos centros tampouco. Necesitamos que as solucións as dean as autoridades competentes que teñen os coñecementos e os medios para facelo.

Necesitamos as nosas escolas públicas con todos os servizos e seguras, precisamos o voso compromiso e a vosa implicación para continuar a loitar polos nosos dereitos, por ese motivo vos facemos chegar a través de este correo uns escritos que podedes dirixir a Consellería e para a Xefatura territorial de Pontevedra ademais de para o Servizo de Xestión de comedores escolares

Estes escritos poden ser enviados dos seguintes xeitos:

  • A través da sede electrónica da Xunta coa chave 365

  • A través da carpeta cidadá do Concello de Vigo no rexistro xeral de administracións.

  • Presencialmente (previa cita) no rexistro da Xunta na praza da Estrela (abre mañá e tarde)

  • No rexistro do concello de Vigo (abre mañá e tarde)

  • Por correo electrónico na Xefatura territorial a estes 2 correos: xefe.territorial.pontevedra@edu.xunta.es cesar.augusto.perez.ares@xunta.gal

- Por correo electrónico na Consellería a estes 2 correos:

conselleira.educación@xunta.gal

carmen.pomar.tojo@xunta.gal

- Por correo electrónico ó Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes Non universitarios:

comedores.santiago@edu.xunta.es

ou por teléfono:

881995188- Xefe do Servizo de comedores

981545480 – Inspectora Servizos Educativos Complementarios

A nosa labor , neste momento, é que estoiten a nosa voz, a voz da nosa comunidade educativa comprometida pola educación pública e segura dos nos@s fill@s.

ANPA GONDERAN

*A continuación están os tres escritos para cubrir e enviar.

escrito_Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes Non Universitarios_galego.pdf
escrito conselleria de educacion_galego.pdf
escrito xefatura territorial_galego.pdf

COMUNICADO ANPA CURSO 2020-2021

O xoves tivo lugar a reunión de FOANPAS con todas as ANPAS para adoptar unha postura conxunta sobre a organización do comedor, aula matinal e extra escolares para o próximo curso segundo os protocolos da Xunta.

As familias que compoñemos a ANPA GONDERAN estamos implicadas na procura de dar unha solución de conciliación as necesidades creadas e non solucionadas polas administracións competentes.

Non somos profesionais sanitarios nin temos ningún tipo de coñecemento sobre protocolos de actuación, por iso, ao ter que aplicar calquera tipo de protocolo para poder realizar as diferentes actividades, estes deberán vir determinados e especificados de maneira concreta (non serven xenéricos) para a nosa escola e dotados das necesidades materiais e persoais precisas.

  • NON asumiremos ningún tipo de responsabilidade sanitaria.

  • NON asinaremos ningún documento que nos faga responsables dun protocolo para o que non temos coñecementos ni capacidade para facer nin facer cumprir.

  • NON seremos nos os que decidamos que protocolo ou que necesidades se precisan para dar con seguridade o servizo de comedor, madrugadores ou extraescolares.

A decisión unánime foi que mentres non se exima de responsabilidade ás ANPAS e non se elabore un protocolo claro no que a seguridade dos nosos fillos sexa o primordial, NON ORGANIZAREMOS NINGÚN SERVIZO (comedor, aula matinal e extra escolares).

RESOLUCIÓN DA ASAMBLEA DE FOANPAS 13-08-2020.pdf

Unha vez que dende as entidades competentes sexan atendidas as demandas expostas por Foanpas, e na intención de poder ir programando e organizando os servizos de comedor e de aula matinal, precisamos que cubran os seguintes formularios antes do 1 de setembro:

Benvidas familias ao novo curso 2019/20 !

Informamos que durante este mes de Setembro o horario da Anpa é de 9:10 a 10:00 horas de luns a venres.

É imprescindible para poder participar en calquera das actividades dirixidas pola Anpa, inclusive aula matinal e comedor, ter aboada a cuota de socio e seguro (15€/ cuota anual de socio por unidade familiar máis 5€ cuota anual de seguro por cada nen@); poderedes satisfacer o pago de dita cuota a partir do martes 17 de setembro.

CONTACONTOS XOVES 12


VII OLIMPIADAS DE TEIS 2020

SÁBADO 25 de Abril


Estimadas familias:

Co afán de seguir promovendo a convivencia entre a comunidade educativa da zona de Teis, as anpas dos colexios FRIÁN, SANTA TEGRA, POSSUMUS, PARAIXAL, SAN SALVADOR E MONTE DA GUÍA volvémonos xuntar este ano para a celebración das “VII Olimpiadas de Teis 2020” que serán o SÁBADO 25 de ABRIL . A finalidade de estas VII Olimpiadas é que compartamos toda a comunidade educativa unha xornada de lecer na cal os nosos cativos poderán participar en diferentes disciplinas.

Como tódolos anos, os participantes recibirán de agasallo unha camiseta e unha medalla. Os nenos farán no cole os debuxos para as camisetas. Na próxima circular comunicárase os gañadores.

Para a organización das Olimpiadas precisamos que todo aquel interesado/a en participar faga a inscripción do seu neno/a a través da seguinte ligazón:

DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN 23 DE MARZO. Non se admitirán inscripcións forá de prazo.

A ter en conta:

As disciplinas de “libre elección”, abertas a todo aquel neno/a que desexe participar nelas son:

  • PENTATLÓN para tódolos/as participantes

  • BALONMAN para o alumnado de primaria

As disciplinas de Spelling, Ximnasia Rítmica, Baile e Acrossport son disciplinas únicamente para aqueles rapaces que na actualidade estén inscritos en ditas actividades .

AVISO NATACIÓN

Estimadas familias:

Comunícase a tódolos usuarios de natación que o vindeiro venres 31 de maio finaliza dita actividade. Hai a posibilidade de prolongala ó longo do mes de Xunio, pero non se xestiona mediante a ANPA, polo tanto tod@s aquel@s interesad@s en continuar en Xunio deberán dirixirse á recepción da piscina (prezo e días varian) e xestionalo directamente alí.

Un saúdo

CONTACONTOS

O Xoves 30/05/19 de 4 a 5 da tarde, xuntarémonos no hall de

Infantil para unha nova sesión de Contacontos.

Será a última Xornada de Contacontos deste curso, e

queremos celebralo con todos vós¡¡¡¡¡¡¡¡

Recordamos que os nenos teñen que vir acompañados dun adulto e

e imprescindible anotarse no local da ANPA ou

no correo contacontos.anpafrian@gmail.com.

¡ ESPERÁMOSVOS !

VI OLIMPIADAS DE TEIS 2019

¡¡¡Por fin chegou o día!!!

O NOSO COLEXIO FRIAN xunto co Santa Tegra, Possumus, Paraixal, San Salvador

e Monte da Guía celebraremos as “VI Olimpiadas de Teis 2019” este ​SÁBADO 11 de maio en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón de Teis.

Por motivos organizativos, os horarios previstos foron modificados da seguinte maneira:

  • ● Spelling 10:00-10:45 h (no salón de actos IES Teis)

  • ● Ximnasia Rítmica 10:45-11:00 h (pavillón)

  • ● Baile moderno (grupo pequenos e medianos) 11:00-11:15 h(pavillón)

  • ● Balonmán 11:15-11:45 h(pavillón)

  • ● Baile moderno (grupo maiores) 11:45-12:00 h(pavillón)

  • ● Acrosport 12:00-12:30 h (pavillón)

  • ● Pentatlón​ maiores (nenos/as de 2o a 6o primaria): 12:30-13:00 h

  • ● Pentatlón pequenos (nenos/as de infantil e 1oprimaria): 13:00-13:30h

  • Debido o grao de participación, rogamos os participantes en pentatlón entren na pista do pavillón pola porta lateral; na mesa onde recollan o seu dorsal se lles indicará como acceder

  • ● Clausura 13:30 h. (tódolos participantes deberán presentarse na pista do pavillón)

  • -Rógase as familias que se presenten media hora antes da disciplina na que compita o seu neno/a; é imprescindible ao chegar, pasen pola mesa a recoller o seu dorsal e a súa camiseta.

  • -A media mañá repartirase avituallamento a tódolos participantes.

  • -O final da xornada farase entrega dos premios os debuxos gañadores das camisetas e se repartirán medallas conmemorativas para tódolos nenos/as participantes.

  • O remate da entrega de medallas os nenos sairán pola porta lateral do pavillón

  • *RECORDADE!!! DOMINGO 12 DE MAIO FESTA DOS MAIOS, deberase vestir de branco para participar na representación.

Un saúdo.

ANPA GONDERAN

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O FRIÁN NA RECONQUISTA

Un ano máis noso cole estivo axudando a botar ós franceses con gaitas e panderetas

OLIMPIADAS CURSO 18-19

Estimadas familias:

Por causas alleas a nós, as anpas dos centros: Frián, Santa Tegra, Possumus, Paraixal, San Salvador e Monte da Guía vémonos obrigados a cambiar a data das “VI Olimpiadas de Teis” para o sábado 11 de maio.

Próximamente enviarase unha circular coa confirmación do lugar onde se desenrolará o evento e os horarios de cada disciplina.

A finalidade destas Olimpiadas é que compartamos toda a comunidade educativa unha xornada de lecer na cal os vosos cativos poderán participar en diferentes disciplinas. Para a organización das Olimpiadas precisamos que todo aquel interesado/a en participar faga a inscripción do seu neno/a a través da seguinte ligazón:

A nova data límite de inscripción é 22 DE MARZO. Non se admitirán inscripcións fora de prazo.

A ter en conta:

1. As disciplinas pentathlón e balonmán están abertas a todo aquel neno/a que desexe participar nelas.

2. As disciplinas, spelling, ximnasia rítmica, baile e acrossport son disciplinas únicamente para aqueles rapaces que na actualidade estén inscritos en ditas actividades .

3. Os horarios das disciplinas son orientativos.

4. Os cativos fixeron un debuxo relacionado cás Olimpiadas nas aulas e os debuxos gañadores (un de infantil e outro de primaria) serán plasmados nas camisetas agasalladas ós nenos . O nome dos gañadores será publicado na próxima circular relacionada con dito evento.

¡ANIMÁDEVOS!

MANZANEDA

Boas familias :

Lamentamos comunicar que queda suspendida a excursión a Manzaneda por ausencia de neve. Para a devolución do importe podedes pasar polo Anpa os días:

• Venres 1/03/19 de 9:10 a 9:30

• Xoves 7/03/19 de 9: 10 a 9:30 e de 16:00 a 16:30.

Para ese día programaremos unha Andaina polo rio Eifonso,

FESTA DO ENTROIDO

A tarde do próximo venres día 1 de marzo teremos a festa do entroido. Ven connosco a pasalo ben.

¡Esperámoste!


AVISO PISCINA

La piscina de Teis permanecerá cerrada del sábado 16 de febrero al viernes 22 de febrero, por tanto:


  • Alumnos de miércoles:

-No tendrán clase de natación el miércoles 20 de febrero.


  • Alumnos de viernes:

-No tendrán clase de natación el viernes 22 de febrero.

-La visita de los padres será el viernes 1 de marzo.

O FRIÁN NA GALA RUN RUN VIGO

A gala Run Run Vigo é a festa do atletismo vigués e o noso cole non podía faltar. Este ano foron agasallados, de xeito específico, as e os atletas, vigueses e viguesas, que obtiveron o triunfo nas probas de campo a través celebradas no 2018.

O Frián estivo representado polos seguintes campións:

  • Laia García Piñeiro --- categoría pitufos 3 anos

  • Antón Barreiro Valeiras --- categoría pitufos 3 anos

  • Adrián Vila Jamardo ---Prebenxamín

  • Iván Lago Pérez ---Alevín

NORABOA A TOD@S


Clasificacións

Clasificación.pdf

VISITA A BALAÍDOS

Estimadas familias:

Dende a ANPA estamos a organizar una visita, DE BALDE, ó estadio de Balaídos. Esta visita será o día 10 de decembro ás 17:00 h e terá unha duración de 50 minutos aproximadamente.

O pai/nai ou tutor de cada neno/a deberá levalo ás 16:45 h ó PUNTO DE ENCONTRO, éste será nas “taquillas” do estadio (fronte a pista de atletismo). Neste mesmo lugar deberá recollelo/a ó remate da visita.

Os interesados deberán anotarse no local da ANPA nas seguintes datas:

  • Luns 19 de novembro de 09:00 a 10:00 h ou de 16:00 a 17:30 h.

  • Martes 20 de novembro de 09:00 a 10:00 h.

SÓ DISPOÑEMOS DE 50 PRAZAS.

Sen outro particular, despedímonos cun saúdo.

A ANPA

Estimados pais:

Un ano máis, queremos poñer en marcha a actividade de CONTACONTOS. Como moitos de vós xa saberedes consiste en que pais, nais, irmáns maiores, avós, etc… se animen a contarlle un conto ós nosos fillos.

Esta actividade levarase a cabo unha vez por semana de luns a xoves, avisaremos previamente cunha circular e indicarase o día na porta principal da escola.

Lembramos que se trata dunha ACTIVIDADE FAMILIAR e GRATUÍTA onde os nenos terán que vir acompañados dun familiar ou titor.

Agradécese que os nenos que asistan sexan anotados semanalmente para o Contacontos, no local da ANPA ou mandando un correo á contacontos.anpafrian@gmail.com.

Un ano máis desexamos invitarvos o IV FRIAN CROSS que se vai celebrar o Domingo 18 de Novembro para a nosa comunidade educativa, pais, fillos, profes, etc.

Inscripcions:

1 OPCIÓN: A través da ligazón https://goo.gl/forms/XnRzpBFE84XAWBVL2 cubrindo o formulario.

• 2 OPCIÓN: No local do anpa entregando o cupón adxunto cuberto cos datos do participante

• 3 OPCIÓN: A través do correo anpafrian.cross@gmail.com indicando nome, apelidos, data nacemento e teléfono de contactoIV FRIAN CROS

Participantes invitados:

• Os participantes invitados(aqueles que non pertezcan a vosa unidade familiar) deberán aportar 1€, no momento da inscripción, en aportación o seguro específico;estes participantes deberán anotarse no local da Anpa, no seguinte horario:

 Luns a Venres 9:10 a 10:00h

 Luns 16:00 a 18:00h

 Martes 16:00 a 17:00h

Último día para inscribirse: 9 de novembro

Regulamento, recollida de dorsais e trofeos:

• O circuito que percorrerá cada categoría, según a idade do participante, vai adxunto e podedes consultalo no tablón de anuncios do anpa (exposto na parede o lado da porta)

• Os dorsais recolleránse o mesmo día, na mesa que estará situada no patio do colexio, ata 30´antes do comezo da proba que lle corresponda según idade.

• Entregaránse trofeos ós tres primeiros postos de cada categoría, en ambos sexos, e medallas conmemorativas para tódolos atletas.

Sorteos:

• Durante o evento faránse varios sorteos de premios para tódolos participantes( talleres de pintura, clases gratuitas de inglés, horas gratuitas en parque de bolas, etc.) e que ……NON VOLO PODEDES PERDER!!!!,

Fin de festa:

E como non…remataremos co broche de ouro…sesión de ZUMBA gratuita!!!!

7) Normas internas para anpas.pdf

PISCINA

A actividade de piscina terá lugar tódolos venres do curso escolar (incluídos os laborables non lectivos) na piscina de Teis. Desenrolarase en dous turnos de 45 min, o primeiro de 16:00 a 16:45 h e o segundo de 16:45 a 17:30 h.

Vanse respetar os turnos dos nen@s que xa asistiron o curso pasado, tendo dous días de prazo para renovara súa praza:

 Xoves 20 de setembro de 09:10 a 10:00 h e de 16:00 a 17:00 h

 Venres 21 de setembro de 09:10 a 10:00 h

Posteriormente poderán anotarse nas prazas vacantes, por orde de chegada, os nenos que queiran cambiar

de turno ou que se vaian anotar por vez primeira. Para este trámite a anpa estará a súa disponibilidade o:

 Luns 24 de setembro de 09:10 a 10:00.

A actividade ten unha cuota establecida polo Concello para todo o primeiro cuatrimestre de 30,20 €. Prégase importe exacto.

Lembrade que para esta actividade é necesario ter aboada a cuota de socio (preferiblemente os días 18 ou 19 de setembro para que así evitar largas esperas os días asinados a renovacións/altas da actividade de piscina).

No momento da inscrición darase a cada persoa un papel onde figuran as normas internas da piscina

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias:

Pola presente informamos dende o Anpa cas actividades extraescolares comezan a partir do día 1 de outubro e finalizarán o último día lectivo do mes de maio, 31 de maio de 2019.

É IMPRESCINDIBLE para poder inscribirse en calquera das actividades extraescolares dirixidas pola Anpa, inclusive aula matinal e comedor, ter aboada a cuota de socio e seguro(15€/ cuota anual de socio por unidade familiar máis 5€ cuota anual de seguro por cada nen/a) ; poderedes satisfacer o pago de dita cuota no local do Anpa durante o mes de Setembro en horario de 09:10 a 10:00 horas. A inscripción en calquera das actividades deberá facerse no anpa no mesmo horario.

Adxuntamos o boletín de actividades extraescolares propostas que se impartirán o longo de este curso 2018/19.

Un cordial saúdo.

CUADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2018-19 (1).pdf
circular festa convivencia (1).pdf

FESTA DE CONVIVENCIA

Como xa sabedes a nova data da festa de convivencia será o MERCORES 13 de XUÑO.

Ó mediodía, entre as 14 e as 16 horas podemos quedar a xantar todos (nenas/os, familiares e profes) no patio de arriba. Alí, disporemos de mesas ou quen o desexe pode sentarse nas zonas verdes. Así mesmo, pódese traer a comida da casa ou pola contra degustar o menú que vos propoñemos: (recadación para os /as nenos/as de 5º e 6º para excursión).

Ábrese de novo o prazo para estimar a previsión das racións (entregando este papel cuberto no ANPA ou a través do mail: anpa.frian@gmail.com) ou para facer reserva abonando e recollendo os tíckets para as racións o MARTES 12 de XUÑO de 9 a 10 no local do ANPA (para axilizar e evitar colas de pago o día da festa).

· NOTA: Todos aqueles que xa enviachedes ou entregachedes o papel cuberto se precisades algunha modificación facédenolo saber o antes posibles.

CONCURSO DE POSTRES NA FESTA DE CONVIVENCIA

Queridas familias:

Un ano máis desexamos propoñer un CONCURSO DE POSTRES para a Festa de Convivencia, que se celebrará o día 5 DE XUÑO se o tempo o permite.

Todos os interesados en participar poden deixar o seu postre no local da Anpa durante a mañá do mesmo día ou traelo directamente ás 14:00 h (hora do Xantar no colexio)

Un xurado composto por outros pais/nais, algún neno/nena, algún membro do Anpa e do Profesorado decidirá cál é o gañador. A partires das 16:00 h que den comezo as actuacións dos/as nosos/as fillos/as no Salón de Actos comunicarase a súa decisión.

O premio proposto nesta edición e despois de este largo curso será un Cofre experiencias, que esperamos sexa do seu agrado.

* Os postres que participen no concurso, serán doados ó Bar da Festa para que as/os nenas/os de 5º e 6º os poidan vender para recadar fondos para a excursión de fin de curso.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

REGALOS PARA OS/AS NENOS/AS SOCIOS DA ANPA

LEMBREN: EN XUÑO NON HABERÁ ACTIVIDADES POLA TARDE NO COLEXIO. COMEDOR ACABA ÁS 16 H.

Como cada ano a Anpa fará regalos ós nenos/as socios da Anpa, que consistirán nunha axenda escolar personalizada para o curso que ven para os alumnos de primaria ou unha riñoneira para os alumnos de Educación Infantil. Aqueles que non os colleron onte na festa de actividades poden pasar pola anpa en horario de maña (9:10 a 9:30) ou a tarde deste xoves 31 de 16 a 17 h a recollelos.

FESTA DE CONVIVENCIA NO COLE

O próximo MARTES 5 de XUÑO celebrarase a Festa de Convivencia. Como recordaredes este é un día para compartir coa comunidade educativa. Os/as alumnos/as pola mañá farán xogos cos profes e por cortesía da Anpa degustarán na hora do recreo un “perrito caliente”. Pola tarde farán no salón de actos actuacións que cos profesores e os séus compañeiros/as están ensaiando e coas que nos sorprenderán.

Ó mediodía, entre as 14 e as 16 horas podemos quedar a xantar todos (nenas/os, familiares e profes) no patio de arriba. Alí, disporemos de mesas ou quen o desexe pode sentarse nas zonas verdes. Así mesmo, pódese traer a comida da casa ou pola contra degustar o menú que vos propoñemos: (recadación para os /as nenos/as de 5º e 6º para excursión).

Co fin de ter unha previsión sobre as racións que se necesitarán propoñemos ás familias que estean interesadas en comer algunha das propostas, se o saben con suficiente antelación, no lo comuniquen. Para facer a reserva é preciso saber: o número de racións requeridas de cada cousa, o nome/apelidos dun adulto responsable e telf. de contacto.

O importe asignado a cada ración é o seguinte:

PAELLA Ración ( prato mediano de plástico, tenedor e pan) …… 3,50€/ración.

TORTILLA Ración ( ¼ tortilla, tenedor e pan) ………………….......2,50€/ración.

EMPANADILLAS (calamares ou choco, xamón e queixo, atún ou carne) Unidade (unha empanadilla………..1€/unidade.

As reservas pódense facer por dúas vías:

a) Entregando a circular, que se mandou a través dos nenos, cuberta no local da Anpa

b) A través do mail: anpa.frian@gmail.com( en caso de correo electrónico, enviarase a confirmación de recepción do mesmo).

Os días 1 (9 a 9:30) e 4 de xuño, (9 a 10 ou 16 a 17) se o desexades podedes pasar polo local da Anpa e abonándoos recoller os tickets para as racións reservadas (de non facelo así, pódese facer sen problema no momento do xantar, esta alternativa é para axilizar e evitar colas nese momento).

Animádevos a compartir todos xuntos esta Gran Festa como comunidade educativa.

Aproveitamos esta circular informativa para recordar a todas as familias que o día 31 de Maio finalizan as actividades extraescolares polo que no mes de Xuño: as familias usuarias de comedor deberán recoller os seus nenos/as antes das 16:00 horas.

O servicio de biblioteca do colexio permanecerá pechado durante todo o mes de Xuño.

circular festa convivencia.pdf

FESTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017/18

Boas familias,

Co motivo do remate das actividades extraescolares neste curso 2017/18 celebraremos a festa do seu peche o día 30 de maio a partir das 16:00 horas.

Todos aqueles nenos/as inscritos en ditas actividades farán unha breve exhibición das mesmas na seguinte orde: (Recordamos cos horarios indicados son orientativos)

no SALÓN DE ACTOS:

16:00 Guitarra

16:25 Grappling

16:35 Teatro (grupo Martes) Obra: “ A outra historia da Parrula Fea”

16:55 Expresión musical

17:00 Xogos en inglés (grupo mércores)

17:10 Xogos en inglés (grupo luns)

17:20 Teatro (grupo Xoves) Obra: “ Guerra de cores”

no PATIO DE ARRIBA:

17:40 Baile peques ( grupo luns)

17:45 Balonmano

18:00 Baile peques (grupo mércores)

18:05 Multideporte/Fútbol

18:20 Patinaje

18:25 Baile (grupo primaria)

18:30 Grupo revelación baile galego“ As Frianxeiras”

18:35 Pandereteiras do Frian and Company

18:40 Clausura

Non será preciso que veñades provistos de merenda xa que os nenos de 5º e 6º de primaria terán preparado un BAR onde poderedes mercar lambonadas e bebidas.

Grazas a cortesía de Portal, a profesora da actividade de pintura, durante o longo da festa haberá un Taller de Pintura creativa, no que poderán participar todos aqueles nenos e nenas que o desexen gratuitamente, coa única condición de que estén acompañados dun adulto responsable.

Tódolos nenos/as socios do ANPA recibirán un agasallo en agradecemento a súa participación#Grazas a tod@s#

Recordamos que o mércores por tanto non haberá actividades extraescolares, pero o xoves (ainda que é a última tarde deste curso) SI poderán vir ás súas actividades.

Esperamos compartir esta tarde con todos vós! Animádevos!

***Aproveitamos a ocasión dende o equipo directivo da ANPA para agradecer a tódalas las familias socias a súa colaboración e confianza un ano máis. ***



OS MAIOS DO FRIÁN

Este Domingo 13 de maio a partir das 11.00 horas no PARQUE DA RIOUXA celebraremos os MAIOS participando, nesta ocasión, coa celebración da I festa tradicional do San Isidro.

A xornada desenvolveráse o longo do día, xa que haberá exposicións, animación,actuacións, etc. Será unha xornada de lecer para disfrutar coa familia

Noso colexio comezará a montaxe do maio no parque a partir das 11.00 horas. Animádevos a participar! Todo aquel que poida que traia flores, laranxas, limóns, panpullo, fiuncho, etc.

A familia que o desexe poderá quedar a xantar, cada quen deberá levar a súa comida.

A partir das 17 horas da tarde comezará a celebración co canto das coplas preparadas por cada colexio participante e actuación de grupos musicais tradicionais coma o grupo de pandereteiras do Frian.

Recoméndase as familias asistentes co motivo da celebración acudan vestidas de branco.

O FRIÁN NA RECONQUISTA

Dende o ANPA convocamos a tódalas persoas que desexen participar con nós no pasarrúas de mañá con motivo da celebración da Reconquista.

As pandereteiras do Frián actuarán ás 11:30h na Praza da Princesa e logo, ás 12:00h partirá dende A Porta do Sol un pasarrúas que irá polo Casco Vello e voltará á Porta do Sol sobre as 14:00h.

Agradecemos que os que poidan veñan vestidos con ropa tradicional xa que estase a intentar que este evento sexa Patrimonio de Interés Turístico Nacional. Gracias.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Queridas familias:

Dende a anpa, un ano máis, queremos propoñer unha viaxe de fin de curso coa intención de pasar xuntos unha xornada lúdica e compartida pola comunidade educativa.

SÁBADO 9/06/2018 Acampada nas Illas Cíes

  1. Saída dende o peirao de Vigo ás 11:00h, ou opción de tarde, saída ás 18:00h

  2. Acampada en Cíes

a) Tenda propia:

* Socios da anpa (unidade familiar) 8€ tenda + 8€ por cada persoa a partir de 11 anos.

Nenos/as de 3 a 10 anos 6€.

Menores de 3 anos non pagan.

*Non Socios: 9,75 € tenda + 9,75 € persoa a partir de 11 anos.

Nenos/as de 3 a 10 anos 7,5€.

Menores de 3 anos non pagan.b) b)

b) Tenda de aluguer:

* Para 2 persoas (opción + 1 neno/a gratis): 55€

* Para 4 persoas (opción + 1 neno/a gratis): 85€

* Aluguer de saco de durmir 6€ (pódese abrir e da para dous)

3. IMPRESCINDIBLE DATOS DE TODOS OS OCUPANTES: NOME COMPLETO, DNI, DATA DE NACEMENTO, DIRECCIÓN

DOMINGO 10/06/2017 Excursión ás Illas Cíes

  1. Saída dende o peirao de Vigo ás 9:30 h en dirección a Cíes

  2. Rutas guiadas polas Cíes de distinta dificultade que saen dende o peirao ás 10:30 h aprox. (Para persoas que chegan o domingo e as que quedaron o sábado).

  3. Xantar libre, cada quen decide si quere comer nos distintos bares da illa ou levar a súa comida.

  4. Pola tarde xogos na praia: os monitores pola mañá dirannos en que zona da praia e a hora concreta na que quedamos para facer os xogos. (Persoas que van o domingo e que quedaron na acampada o sábado.

REGRESO A VIGO O DOMINGO 10/06/2018. Saídas dende Cíes ás:

19:30 h ou 20:40h (240 prazas para cada opción)

PREZOS DA TRAVESÍA POR PERSOA:

Imprescindible NOME COMPLETO, DNI, DATA NACEMENTO

  • SOCIOS DA ANPA (unidade familiar) 8 €/persona

  • NON SOCIOS 10 €/persona

  • Non pagan de 0 a 2 anos

Anotarse e pagar no local da anpa: (prégase importe exacto):

  1. Acampada:

  • Tenda de aluguer: anotarse e pago da metad

  • Tenda propia: anotarse e pago da metade

2. Travesía:

  • Pago da metade

Importante non esquecer traer os datos requeridos para a acampada ou o billete de barco

Pode anotarse no local da Anpa nos días:

Venres 4/05/2018 de 9: 10 a 10 h

Luns 7/05/2018 de 9:10 a 10h e de 16 a 18h

Martes 8/05/2018 de 9: 10 a 10 h

HORARIOS DO BARCO PENDENTES DE CONFIRMAR, poden sufrir modificacións.

Na primeira semana de xuño realizarase o resto do pago, enviaremos circular informativa

Os MAIOS

Un ano máis celebraremos os Maios cos outros coles de teis na Riouxa. A festa será o venres 1 de maio (pendiente de confirmar), e vamos ir preparando o noso maio.

Propoñémosvos que preparemos uns ovos decorados para adornalo. Podedes entregalos no anpa na ultima semana de abril (pendiente de confirmar)

Instruccións para vaciar e decorar os ovos:

1. Necesitarás un bol para recoller a clara e a xema,

o ovo que queiras vaciar ben lavado,

e unha agulla para facer un buraco.

2. Fai un pequeno buraco na parte máis puntiaguda do

ovo con unha agulla. Fai outro pequeno buraco na parte

inferior, un pouco máis grande. Sopla polo buraco máis

pequeno con coidado para que vaia saíndo todo polo

outro extremo no bol.

Podes limpar o interior votando auga con unha

xeringuilla y sacándoa da misma forma.

3. Deixa que o ovo se vacíe completamente y sécao

con coidado. Para pintalo podes utilizar pintura acrílica ou

rotuladores permanentes.

4. Comeza a pintar o ovo suxeitándoo polos extremos,

y sigue avanzando ata que esté completamente pintando.

Déixao secar sobre una tapa de botella y decórao ó téu gusto.

En canto o teñas listos podes achegalos o local da anpa.

Iremos dándovos mais instruccións para continuar cós preparativos do noso maio.

Pasádeo ben con esta divertida actividade en familia.

OLIMPIADAS 2018

Estimadas familias:

Xa se aproxima o día:

O NOSO COLEXIO FRIAN xunto cos colexios de Santa Tegra, Possumus, Paraixal, San Salvador e Monte da Guía celebraremos as “V Olimpiadas de Teis 2018” este SÁBADO 21 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón de Teis.

Por motivos organizativos, os horarios previstos foron modificados da seguinte maneira:

Disciplinas

  • Spelling 10:15-10:45 h (no salón de actos IES Teis)

  • Ximnasia Rítmica 10:45-11:00 h (pavillón)

  • Baile moderno (grupo maiores) 11:00-11:15 h(pavillón)

  • Balonmano 11:15-11:45 h(pavillón)

  • Acrossport 11:45-12:15 h (pavillón)

  • Baile moderno (grupo pequenos) 12:15-12:30 h(pavillón)

  • Pentatlón : 12:30-13:30 h Debido o grao de participación, rogamos os participantes desta disciplina entren na pista do pavillón pola porta lateral; na mesa onde recollan o seu dorsal se lles indicará como acceder => Divídense en dous grupos:

Grupo 1 ( nenos/as de 2º a 6º primaria), de seguido, Grupo 2 (nenos/as de infantil e 1º primaria)

  • Clausura 13:30 h. (tódolos participantes deberán presentarse na pista do pavillón)

Rógase as familias que se presenten media hora antes da disciplina na que compita o seu neno/a; é imprescindible ao chegar, pasen pola mesa a recoller o seu dorsal e a súa camiseta.

A media mañá repartirase avituallamento a tódolos participantes.

O final da xornada farase entrega dos premios os debuxos gañadores das camisetas e se repartirán medallas conmemorativas para tódolos nenos/as participantes.

Un saúdo.

ÚLTIMA XORNADA DA LIGA NATACIÓN

Estimados pais/nais:

O próximo 22 de abril se desenvolverá a última xornada da Liga de Natación Escolar polo que tod@s aqueles nen@s interesados en participar poderán facer a inscripción gratuita ata o próximo luns día 16 de abril no local da Anpa.

Asemesmo é necesario que o día da xornada algún dos pais/nais dos nen@s anotados figure como delegado-representante do colexio e dos participantes que se inscriban.

A ter en conta:

1. Organizan: Concellería de Deportes do Concello de Vigo, coa dirección técnico-deportiva do Club Natación Vigo Rías Baixas, coa colaboración de FOANPAS, IMD e Fundación Vide.

2. A xornada celebráse na Piscina Municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas)

3. En esta ocasión, tódolos participantes deberán presentarse na Piscina as 8:45 horas.

4. Participan por cada colexio dúas categorías: Promesas e Benxamíns, según idade:

◦ Promesas: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2010-2011-2012..

◦ Benxamíns: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2006-2007-2008- 2009.

5. Única proba: (en ambas categorías) nadan 25 metros libres.

O finalizar a proba fárase entrega de trofeos e medallas conmemorativas, contando ca presenza do Campión do Mundo de Natación, David Meca.


Qué é o ANPA GONDERÁN

Esta entidade é unha asociación sen ánimo de lucro que segundo os seus estatutos ten como obxetivos fundamentais:

‣ Asistir as nais e pais no que concirne a educación dos nosos nenos e nenas.

‣ Colaborar nos actividades educativas e extraescolares do Centro.

‣ Promover no posible a porticipación das nais e pais na xestión do Centro.


CONCURSO DEBUXO V OLIMPIADAS

Como todos os anos queremos animarvos a participar no certame de debuxo para as V Olimpiadas de Teis.

Poderán concursar @s nen@s das escolas que compitan en dito evento. Haberá dúas categorías: infantil e primaria. O obxectivo deste certame e que os dous debuxos gañadores, adornen as camisetas de tódolos participipantes.

As bases para participar son as seguintes:

Farase o debuxo nun formato A4, tamaño folio, preferiblemente en posición vertical. Debuxarase sen reencher nunha soa cor, só rotulado.

O tema a debuxar será relacionado coas Olimpiadas.

Só nos debuxos de primaria, levará o lema de: “V OLIMPIADAS TEIS 2018”

No reverso, porase: nome e apelidos do nen@ participante, curso e escola á que pertence.

A data límite de recollida dos debuxos é o martes 3 de abril. Non se recollerán debuxos fóra de prazo.

Nota: Lembrade que o prazo de inscripción para participar nas olimpiadas remata o 21 de marzo

circular anpa debuxo olimpiadas.pdf

Publicaremos cousas do festival nestos días.... Hoxe necesitamos descansar... Pero non podemos ir durmir sen dar as... GRAZAS...GRAZAS.... E GRAZAS.... Non temos palabras para expresar o que sentimos... GRAZAS a todos por vir.... Colaboradores por donar tantas cousas...e a todas as persoas que traballaron tanto para poder facer realidade este proxecto...

XUNTOS SUMAMOS!!!

Debido ao mal tempo nos trasladamos ao IFEVI


Estimadas nais/pais:

As Anpas dos colexios FRIAN, SANTA TEGRA, POSSUMUS, PARAIXAL, SAN SALVADOR, MONTE DA GUÍA E CALASANCIAS volvemos xuntar este ano para a celebración das “V Olimpiadas de Teis 2018” que serán o SÁBADO 21 de abril . A finalidade de estas V Olimpíadas é de que compartamos toda a comunidade educativa unha xornada de lecer na cal os vosos cativos poderán participar en diferentes disciplinas.

Coma en anos anteriores, ditas Olimpiadas inagúranse a través de unha ANDAINA OLIMPICA que se levará a cabo o DOMINGO 15 de abril de 2018 é da cal iremos informando en próximos comunicados.

Para a organización das Olimpiadas precisamos que todo aquel interesado/a en participar faga a inscripción do seu neno/a a través da seguinte ligazón:

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN 15 DE MARZO. Non se admitirán inscripcións forá de prazo.

A ter en conta:

As disciplinas de “libre elección “ son PENTATLÓN e BALONMAN; abertas a todo aquel neno/a que desexe participar nelas.

As disciplinas de Spelling, Ximnasia Rítmica, Baile e Acrossport son disciplinas únicamente para aqueles rapaces que na actualidade estén inscritos en ditas actividades .

VIAXE A MANZANEDA

O día 28 DE XANEIRO DE 2018, iremos a MANZANEDA en autobús.

Poden vir todas as familias do colexio (socias da anpa ou non) e podedes invitar a vir a familiares e amigos.Lugar de saída: Parada do Vitrasa na rotonda da Travesía de Vigo coa R/ Aragón (onde a ludoteca “Locos Bajitos”)

Hora de saída dende Vigo: 8:45 h

Hora de regreso dende Manzaneda: 17:45 h

Tempo estimado de Viaxe 2 h e media.

PREZO:

· Unidade familiar socia da anpa 10€/persoa

· Non socios: 12€/persoa

ANOTARSE no local da Anpa os días: (plazas limitadas)

· Luns 15, Martes 16, Mércores 17, Xoves 18 de Xaneiro de 9:10 a 09:30 h

· Martes 16/01/2018 de 16:00 a 17:00 h

IMPRESCINDIBLE PARA ANOTARSE:

· Nome completo

· Nº de DNI

· Data de nacemento

· Nº de teléfono de contacto na viaxe

· Pago completo

DATA LÍMITE DE CANCELACIÓN CON DEREITO A DEVOLUCIÓN DOS CARTOS: LUNS 22/01/2018 DE 9:10 A 9:30H

A anpa soamente se encarga da organización do transporte,

as actividades e a comida serán libres, cada quén fará o que desexe.

¡¡¡ANIMÁDEVOS!!

FESTA DE NADAL

Este mércores día 20 de decembro teremos no cole a festa de nadal, a partir das 16:00h . no salón de actos.

Os nenos de actividades extraescolares téñennos preparado un estupendo festival, no que poderemos disfrutar:

- 16:00 h Baile pequeno/as (grupo luns)

- 16:10 h Baile pequeno/as (grupo mércores)

- 16:20 h Xogos en inglés pequenas/os (grupo mércores)

- 16:30 h Grappling

- 16:40 h Teatro (grupo martes)

- 17:00 h Expresión musical

- 17:10 h Baile maiores

- 17:20 h Xogos en inglés maiores (grupo luns)

- 17:30 h Pandereta (2 pases)

- 17:40 h Teatro (grupo xoves)

- 18:00 h Premiados II Concurso De Postais Navideñas

- 18:05 h Guitarra

- 18:15 h Visita de Papá Noel

- 18:25 h CHOCOLATADA GRATUITA POR CORTESÍA DA ANPA PARA O FIN DE FESTA

Un ano máis as/os nenas /os de 5º e 6º prepararán un BAR ben cheo de lambonadas e bebidas.

Na festa poderemos mercar rifas para o sorteo dunha TABLET.

Como novidade este ano e por cortesía de Portal, a profesora da actividade de pintura, durante todo a festival haberá no Hall de Infantil un Taller de Pintura creativa, no que poderán participar todos aqueles nenos e nenas que o desexen gratuitamente, coa única condición de que estén acompañados dun adulto responsable.


II CONCURSO DE POSTAIS NAVIDEÑAS

Xa estamos en tempos de NADAL!!! Un ano máis propoñemos dende o anpa unha actividade navideña para tódolos cativos: o II Concurso de POSTAIS NAVIDEÑAS.

Deberán entregar as postais no local do anpa antes do 18 de decembro.

Non serán evaluadas aquelas postais que non se rixan polas bases indicadas a continuación:

Bases:

*A participación é gratuita para tódolos neno/as do noso cole.

*Os traballos dividiránse según idade en 4 categorías: Infantil, 1º e 2º; 3º e 4º; 5º e 6º

*A temática deberá ser un debuxo relacionado co Nadal.

*O formato deberá ser en tamaño folio de calquera cor, dobrado a mitade en forma de postal.

*Os debuxos poderánse facer con calquer técnica, ( acuarelas, ceras de cores, rotulador, etc)

*Os autores dos debuxos deberán ser os propios rapaces para evitar que sexan rexeitados.

*Tódalas postais deberán estar identificadas co nome, apelidos e curso do seu autor.

*Os neno/as dos cursos de primaria deberán engadir o seu debuxo unha frase creativa tamén relacionada con esta época de Nadal. (Infantil soamente un debuxo)

*O debuxo premiado en cada unha das 4 categorías será elexido por unha persoa cualificada en Belas Artes(a monitora de pintura) e recibirá un agasallo que se lle entregará o seu autor o día 20 de DECEMBRO durante a celebración do FESTIVAL DE NADAL. (enviaremos más info sobre o mesmo en próxima circular)

*Tódolos participantes deberán aceptar e cumprir as bases reguladoras do Concurso para poder acceder o premio.

Esperamos vosa participación!

O ANPA.

ANDAINA POLO RIO VERDUGO

Este sábado teremos unha andaina moi especial por dous motivos. En primeiro lugar porque será a primeira andaina de tarde e parte dela xa de noite, polo que debedes de ir preparados... En segundo lugar porque despois da andaina teremos unha visita guiada ao observatorio astronómico de Cotobade.

Por isto último, máis que nunca, terá lugar SE O TEMPO O PERMITE.

As prazas son limitadas debido a capacidade do observatorio, polo que é imprescindible anotarse indicando se vai a participar na visita ou non, e o número de asistentes.

Coma sempre iremos en coches particulares e os que queiran participar poden anotarse ata o xoves 30 de novembro no local da ANPA ou enviando nome do nen@ e número de asistentes por e-mail a anpa.frian@gmail.com

III FRIAN CROSS

O próximo 19 de Novembro, esperámosvos a tod@s os inscriptos, para disfrutar dunha xornada de deporte en familia e con moitas sorpresas....

ANDAINA SÁBADO 11 de Novembro

Ruta polo Monte Aloia

SE O TEMPO O PERMITE, temos previsto facer unha nova andaina polo Monte Aloia en Tui.

O Monte Aloia foi o primeiro Parque Natural de Galicia en 1979 e tamén é o máis pequeno de todos os existentes na comunidade. Dispón de moitos camiños así como merendeiros e miradores con fermosas panorámicas a os vales dos ríos Miño e Louro.

En primeiro lugar, faremos unha visita guiada tanto polo interior do Centro de Interpretación como polo exterior do Parque. Despois os que queiran quedarán a xantar e pola tarde faremos outra pequena ruta.

Como sempre, desprazarémonos nos coches particulares, e podedes anotarvos ata o venres 10 no local da

ANPA ou enviando nome do nen@, número de asistentes e tlfn. de contacto por e-mail a anpa.frian@gmail.com

FESTA DO MAGOSTO

O próximo martes día 7 de Novembro, se o tempo o permite, teremos pola tarde a festa do magosto.

Por mor da previsión de choiva se traslada para o mércores 8 de novembro, quedando as actividades extraescolares do martes como sempre, e as do mércores suspendidas.

Horario: 16 a 18 h

Como cada ano asaremos castañas para todos e faremos xogos tradicionais.

Ademais os nenos/as de 5º e 6º montarán o seu BAR con bebidas e diversas opcións caseiras de merenda, para facer as delicias de grandes e pequenos (a recadación do mesmo será para a excursión de fin de curso destes nenos/as).

¡¡¡ ANIMÁDEVOS A VIR A PASAR XUNTOS UNHA TARDE DIVERTIDA !!!

Recordamos que as actividades extraescolares deste MARTES 7 quedan por tanto suspendidas pola celebración do Magosto.

ANDAINA "RUTA DAS PEDRA"

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-2018

Estimadas familias:

Adxuntamos o boletín de actividades extraescolares que se van a impartir ó longo deste curso 2017/18.

A PARTIR DE MÉRCORES DÍA 20 DE SETEMBRO no local da anpa de 9:10 a 10 h, será posible satisfacer a cota do anpa e o seguro así como anotarse nas actividades que lles interesen.

É imprescindible para poder participar en calquera das actividades xestionadas pola Anpa (aula matinal, comedor, extraescolares), ter abonada a cuota de socio (15€ ano/ familia) e seguro (5€/neno/a); poderedes satisfacer o pago de dita cuota o mesmo día que inscribades os vosos fillos nas actividades.

PISCINA

A actividade ten unha cuota establecida polo concello para todo o primeiro cuatrimestre de 29,60 €. Terá lugar todolos Venres do curso escolar na piscina de Teis en dous turnos de 45 min. O primeiro turno será as 16:00 hrs. e o segundo as 16:45 hrs.

Vanse respetar os turnos dos nen@s que xa asistiron o curso pasado, tendo dous dias de prazo para renovar a sua praza. Posteriormente poderán anotarse nas prazas vacantes, por orde de chegada, os nenos que queiran cambiar de turno ou que se vaian a anotar por vez primeira.

Os días para a xestión serán os seguintes:

Xoves 21, e Venres 22 de Setembro de 09:10 -10 Hrs Para todos aqueles que xa estiveran na actividade o curso pasado e queiran renovar no mesmo turno.

A non renovación nestes días entenderase como a baixa nesta actividade.

Luns 25 de Setembro de 09:10 -10 hrs. Inscripción para os que queiran cambiar de turno ou inscribirse por vez primeira. Este día farase a inscripción por orde de chegada ata que se esgoten as prazas. Só se permitirá anotar un máximo dun neno por persoa, excepto que sexan irmáns.

Lembrade que para facer a inscripción será necesario ter satisfeita a cuota do ANPA (15 €/ano) e o pago da actividade de piscina (29,60 €/cuatrimestre).

Sen outro particular, despedímonos con un saúdo:


CUADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-18.pdf


NOVO CURSO ESCOLAR

Bos días prezadas familias:

Hoxe comeza o novo curso escolar e a anpa comeza igualmente coas actividades de aula matinal e comedor, así como coa organización das novas actividades para este curso.

Un aviso IMPORTANTE para as familias usuarias do servizo de aula matinal será a ubicación da nova aula matinal, que está situada ó lado do ximnasio. Para acceder será preciso chamar o timbre na entrada como en anos anteriores, pero no momento que se abre a porta deberán acompañar ós/as nenos/as en dirección ó ximnasio. A porta da nova aula está xusto a continuación.

Ás familias usuarias do servizo de comedor, recordarlles que deben informarnos dos cambios en relación coa comida dos seús fillos antes das 9:30 h.

Durante o mes de setembro o horario de atención no local da anpa será de 9:10 a 10:00h recordamos que non haberá actividades pola tarde, polo que os /as nenos/as que se queden a comedor deben ser recollidos antes das 16:00 h.

Nesta primeira semana enviaremos unha circular coa información sobre a data da asamblea ordinaria da ANPA de balance do curso anterior, presentación do planing de actividades extraescolares para este curso, e apertura de plazo de actualización da xunta directiva.

Así mesmo nas seguintes circulares informaremos de cando poderán achegarse o local do anpa para realizar o pago da cota do anpa e do seguro escolar, así como das datas de matriculación na actividade de piscina.

Un saúdo.

FESTA DE CONVIVENCIA

O próximo MARTES 6 de XUÑO celebraráse a festa de Convivencia; Un día para que toda a comunidade educativa celebremos xuntos o curso que remata.

Un ano máis propoñemosvos quedar a comer no cole. A partires das 14h estarán dispostas mesas baixo os cenadores no patio de arriba, para todos os que desexen utilizalas.

Podedes traer vos a comida ou degustar o menú que os nenos/as de 5º e 6º dispensarán no bar.

En caso de que vos interese o menú que propoñemos (descrito máis adiante), ENTREGADE a parte final desta circular O LUNS 5 DE XUÑO no local da anpa (9 a 10h), para poder facer unha correcta estimación das racións. Tamén podedes facer a vosa solicitude a través do mail: anpa.frian@gmail.com (enviaráse a confirmación de recepción do mesmo). Imprescindible nome e teléfono de contacto.

CONCURSOS CULINARIOS: Unha tradición nesta festa é o concurso culinario. Este ano a proposta será

CONCURSO DE PINCHOS

CONCURSO DE POSTRES

* Os pinchos e postres que participen no concurso, unha vez probados polo xurado serán vendidos polos nenos/as no bar

As persoas interesadas en participar deben anotarse o mesmo luns 5 no local da anpa ou vía mail. Un xurado composto por país/nais e profes decidirá quen é o gañador.

O premio entregerase no festival de actividades que os profes e os nenos teñen preparados para todos nós a partires das 16:00h.

Aproveitamos a ocasión para recordar que durante o mes de Xuño o colexio non abre pola tarde, polo tanto non teremos actividades extraescolares, nin servizo de biblioteca. Os nenos/as ususarios/as do servizo de COMEDOR, DEBEN SER RECOLLIDOS ANTES DAS 16:00H.

AGASALLOS PARA AS NENAS E NENOS SOCIOS DA ANPA

Como cada ano faremos una agasallo os nenos e nenas das familias socias da anpa. Habitualmente éste entrégase o día da festa de actividades, pero este ano un problema coa empresa distribuidora, non nos permitiu facelo así, polo tanto é preciso que pais/nais ou os nenos pasen polo local da anpa a recollelo a partires do Luns día 5 de Xuño. De 9 a 10h.

Moitas grazas por formar parte da nosa asociación, grazas á vosa implicación podemos desenrolar diversas actividades ó longo do ano e colaborar nas melloras do colexio.

Seguiremos traballando.

070-REVÁLIDAS 2017.pdf
Carta ANPAS actividades altern ativas reválida 15 05 2017.pdf
Escrito sinatura reválidas maio 2017.docx
Xustificante falta reválida contra a Lomce.doc

FOANPAS E AS REVALIDAS

Estimados/as compañeiros/as,

Estamos en plenos exames de avaliación impostos pola LOMCE. As probas de 3º de primaria son para todos os centros, mentres que as avaliacións de 6º de primaria e 4º de ESO só son para uns poucos “escollidos” pola Xunta. Axuntamos un escrito explicativo destas probas e no que se argumenta por que as rexeitamos, un escrito para que recollades sinaturas entre as familias do centro e un xustificante para presentar no centro para os días das probas.

Lembrar tamén que temos actividades alternativas para o alumnado de 3º de primaria que non acuda a realizar as probas e pregamos os centros que fostes “seleccionados” para as probas de 6º de primaria e 4º de ESO nolo fagades saber.

Moitas grazas e un saúdo.

A Xunta Directiva de FOANPAS.

2017-18 SOLICITUDE DEFINITIVA.pdf
bases bolsas comedors 20172018.PDF

NOTA RECORDATORIA

A todos os atletas que participaron nas V Olimpiadas de Teis e que non recolleron a súa medalla, poden facelo no local da anpa de 9:10 a 9:30 e de 16 a 18 horas.

Grazas

ASAMBLEA XERAL

Estimadas familias:

O Anpa vos convida o Xoves 28 de Setembro ás 16:00 h no salón de actos a unha asamblea ca seguinte orde do día:

1. Lectura do acta anterior

2. Estado de contas

3. Novidades no servizo de comedor

4. Presentación e cambios das actividades extraescolares curso 2017/18

5. Informe Dirección

6. Cese de Xunta Directiva actual e apertura de prazo de presentación de candidatos para constituir a nova Xunta Directiva.

7. Rogos e preguntas.

Esperamos a vosa asistencia! Teremos servizo de gardería para os cativos.

Un sáudo

O ANPA.

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DO CONCELLO DE VIGO – CURSO 2017-2018.

Este ano como novidade para a presentación da solicitude terase que pedir cita previa, a partir do martes 16 de maio, a través do teléfono 010 ou 986 810260 tamén na páxina web: www.vigo.org

EXCURSIÓN/ ACAMPADA FIN DE CURSO

Queridas familias:

Os días 5 e 6 de Xuño de 9 a 10 ou o día 8 Xuño de 15:40 a 16:15 h no local da anpa todas as persoas que se anotaron para a acampada ou excursión á Illa de Ons (Sálvora) deberán pasar polo local da anpa para realizar o pago da travesía en barco e das tendas propias de acampada.

RECORDAMOS OS PREZOS: (prégase importe exacto)

ACAMPADA EN TENDA PROPIA: 6€ tenda + 6 € por persoa. (Non pagan os menores de 3 anos)


No prezo da Travesía está incluído:

- Viaxe en barco dende Bueu a Ons, e dende Ons a Sálvora

- Rutas guiadas cos monitores o Domingo pola Illa de Ons e sábado ou domingo pola Illa de Sálvora

- Animación no barco de regreso a Bueu.

Quedan prazas dispoñibles tanto para o sábado (en acampada en tenda propia) como para o Domingo, se alguén quere anotarse, pode facelo no momento de pagar.


CONTACONTOS

O martes 9/04/19 de 4 a 5 da tarde, xuntarémonos no hall de Infantil para unha nova sesión de Contacontos.


Sara ( 2ºA) e a súa nai Rosa contarannos o Conto “ni GUAU ni MIAU”


Recordamos que os nenos teñen que vir acompañados dun adulto e agradécese que se anoten no local da ANPA ou no correocontacontos.anpafrian@gmail.com.

¡ ESPERÁMOSVOS !



I CONCURSO CABAZAS DO FRIAN