ACTIVIDADES

CADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2019/20

Estimadas familias,

Un ano máis vos presentamos o cadro de actividades para este curso. Lembrámosvos que para poder participar nelas é preciso ter aboado a cota de socio do Anpa e o seguro de accidentes.


Están pendentes de confirmar as actividades de Cociña e Robótica pero os interesados podedes reservar praza.



Pincha na imaxe, e descarga o cadro de actividades.



Pincha na enquisa, e axudanos a mellorar

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2018-2019

Estimadas familias:

Pola presente informamos dende o Anpa cas actividades extraescolares comezan a partir do día 1 de outubro e finalizarán o último día lectivo do mes de maio, 31 de maio de 2019.

É IMPRESCINDIBLE para poder inscribirse en calquera das actividades extraescolares dirixidas pola Anpa, inclusive aula matinal e comedor, ter aboada a cuota de socio e seguro(15€/ cuota anual de socio por unidade familiar máis 5€ cuota anual de seguro por cada nen/a) ; poderedes satisfacer o pago de dita cuota no local do Anpa durante o mes de Setembro en horario de 09:10 a 10:00 horas. A inscripción en calquera das actividades deberá facerse no anpa no mesmo horario.

Adxuntamos o boletín de actividades extraescolares propostas que se impartirán o longo de este curso 2018/19.

Un cordial saúdo.

CUADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2018-19 (1).pdf

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-2018

Estimadas familias:

Adxuntamos o boletín de actividades extraescolares que se van a impartir ó longo deste curso 2017/18.

A PARTIR DO MÉRCORES DÍA 20 DE SETEMBRO no local da anpa de 9:10 a 10 h, será posible satisfacer a cota do anpa e o seguro así como anotarse nas actividades que lles interesen.

É imprescindible para poder participar en calquera das actividades xestionadas pola Anpa (aula matinal, comedor, extraescolares), ter abonada a cuota de socio (15€ ano/ familia) e seguro (5€/neno/a); poderedes satisfacer o pago de dita cuota o mesmo día que inscribades os vosos fillos nas actividades.

PISCINA

A actividade ten unha cuota establecida polo concello para todo o primeiro cuatrimestre de 29,60 €. Terá lugar todolos Venres do curso escolar na piscina de Teis en dous turnos de 45 min. O primeiro turno será as 16:00 hrs. e o segundo as 16:45 hrs.

Vanse respetar os turnos dos nen@s que xa asistiron o curso pasado, tendo dous dias de prazo para renovar a sua praza. Posteriormente poderán anotarse nas prazas vacantes, por orde de chegada, os nenos que queiran cambiar de turno ou que se vaian a anotar por vez primeira.

Os días para a xestión serán os seguintes:

Xoves 21, e Venres 22 de Setembro de 09:10 -10 Hrs Para todos aqueles que xa estiveran na actividade o curso pasado e queiran renovar no mesmo turno.

A non renovación nestes días entenderase como a baixa nesta actividade.

Luns 25 de Setembro de 09:10 -10 hrs. Inscripción para os que queiran cambiar de turno ou inscribirse por vez primeira. Este día farase a inscripción por orde de chegada ata que se esgoten as prazas. Só se permitirá anotar un máximo dun neno por persoa, excepto que sexan irmáns.

Lembrade que para facer a inscripción será necesario ter satisfeita a cuota do ANPA (15 €/ano) e o pago da actividade de piscina (29,60 €/cuatrimestre).

Sen outro particular, despedímonos con un saúdo:


CUADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-18.pdf