ATLETISMO

III TROFEO SOLIDARIO DE NADAL

O vindeiro sábado 23 de decembro celebraremos o III Trofeo Solidario de Nadal Celta Atletismo, unha competición distinta na que todos os xoguetes e alimentos recadados son doados a Cruz Vermella Vigo e a Asociación Benéfica "O Sal da Terra". Este ano a proba deu un salto importante a nivel de patrocinios e premios para os participantes, que contamos superen os 600. Achegamos o cartel e regulamento da proba, rogando a vosa colaboración na difusión ás vosas escolas basee. A participación é aberta a atletas federados ou non federados nados entre 2003 e 2013.

Poderán participar todos aqueles nenos e nenas de clubs e centros escolares de categoría pre-benxamín ata a categoría SUB –16. A inscrición para atletas federados farase a través do sistema online da web da RFEA: https://isis.rfea.es/sirfea2/ , no caso dos atletas con licenza escolar (dados de alta na plataforma Xogade pero non federados) e atletas de categoría pre-benxamín, a inscrición farase enviando un correo electrónico a inscripcionescelta@hotmail.com , indicando:

1. Nome e apelidos,

2. Data de nacemento

3. DNI do atleta; máis o nome, apelidos e DNI do titor

4. Teléfono de contacto.

Para todos eles o prazo de inscrición rematará o mércores 20 de decembro ás 20.00 horas.

Un saúdo e grazas pola vosa colaboración. JD.

Regulamento III Trofeo de Nadal Celta Atletismo. 23.12.2107..pdf