OLIMPIADAS DE TEIS

AS VI OLIMPIADAS DE TEIS EN IMAXES

Spelling

Ximnasia Ritmica

Baile Modern

Balonmán

Acrosport

Pentathlon

Ceremonia de Peche

Grazas a tod@s!!!

OLIMPIADAS CURSO 18-19

Estimadas familias:

Por causas alleas a nós, as anpas dos centros: Frián, Santa Tegra, Possumus, Paraixal, San Salvador e Monte da Guía vémonos obrigados a cambiar a data das “VI Olimpiadas de Teis” para o sábado 11 de maio.

Próximamente enviarase unha circular coa confirmación do lugar onde se desenrolará o evento e os horarios de cada disciplina.

A finalidade destas Olimpiadas é que compartamos toda a comunidade educativa unha xornada de lecer na cal os vosos cativos poderán participar en diferentes disciplinas. Para a organización das Olimpiadas precisamos que todo aquel interesado/a en participar faga a inscripción do seu neno/a a través da seguinte ligazón:

A nova data límite de inscripción é 22 DE MARZO. Non se admitirán inscripcións fora de prazo.

A ter en conta:

1. As disciplinas pentathlón e balonmán están abertas a todo aquel neno/a que desexe participar nelas.

2. As disciplinas, spelling, ximnasia rítmica, baile e acrossport son disciplinas únicamente para aqueles rapaces que na actualidade estén inscritos en ditas actividades .

3. Os horarios das disciplinas son orientativos.

4. Os cativos fixeron un debuxo relacionado cás Olimpiadas nas aulas e os debuxos gañadores (un de infantil e outro de primaria) serán plasmados nas camisetas agasalladas ós nenos . O nome dos gañadores será publicado na próxima circular relacionada con dito evento.

¡ANIMÁDEVOS!

INSCRIPCIÓN: VI OLIMPIADAS de TEIS

AS OLIMPIADAS NA PRENSA

OLIMPIADAS 2018

Estimadas familias:

Xa se aproxima o día:

O NOSO COLEXIO FRIAN xunto cos colexios de Santa Tegra, Possumus, Paraixal, San Salvador e Monte da Guía celebraremos as “V Olimpiadas de Teis 2018” este SÁBADO 21 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón de Teis.

Por motivos organizativos, os horarios previstos foron modificados da seguinte maneira:

Disciplinas

  • Spelling 10:15-10:45 h (no salón de actos IES Teis)

  • Ximnasia Rítmica 10:45-11:00 h (pavillón)

  • Baile moderno (grupo maiores) 11:00-11:15 h(pavillón)

  • Balonmano 11:15-11:45 h(pavillón)

  • Acrossport 11:45-12:15 h (pavillón)

  • Baile moderno (grupo pequenos) 12:15-12:30 h(pavillón)

  • Pentatlón : 12:30-13:30 h Debido o grao de participación, rogamos os participantes desta disciplina entren na pista do pavillón pola porta lateral; na mesa onde recollan o seu dorsal se lles indicará como acceder => Divídense en dous grupos:

Grupo 1 ( nenos/as de 2º a 6º primaria), de seguido, Grupo 2 (nenos/as de infantil e 1º primaria)

  • Clausura 13:30 h. (tódolos participantes deberán presentarse na pista do pavillón)

Rógase as familias que se presenten media hora antes da disciplina na que compita o seu neno/a; é imprescindible ao chegar, pasen pola mesa a recoller o seu dorsal e a súa camiseta.

A media mañá repartirase avituallamento a tódolos participantes.

O final da xornada farase entrega dos premios os debuxos gañadores das camisetas e se repartirán medallas conmemorativas para tódolos nenos/as participantes.

Un saúdo.

CONCURSO DEBUXO V OLIMPIADAS

Como todos os anos queremos animarvos a participar no certame de debuxo para as V Olimpiadas de Teis.

Poderán concursar @s nen@s das escolas que compitan en dito evento. Haberá dúas categorías: infantil e primaria. O obxectivo deste certame e que os dous debuxos gañadores, adornen as camisetas de tódolos participipantes.

As bases para participar son as seguintes:

Farase o debuxo nun formato A4, tamaño folio, preferiblemente en posición vertical. Debuxarase sen reencher nunha soa cor, só rotulado.

O tema a debuxar será relacionado coas Olimpiadas.

Só nos debuxos de primaria, levará o lema de: “V OLIMPIADAS TEIS 2018”

No reverso, porase: nome e apelidos do nen@ participante, curso e escola á que pertence.

A data límite de recollida dos debuxos é o martes 3 de abril. Non se recollerán debuxos fóra de prazo.

Nota: Lembrade que o prazo de inscripción para participar nas olimpiadas remata o 21 de marzo

circular anpa debuxo olimpiadas.pdf

V OLIMPIADAS DE TEIS

AMPLIACIÓN PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 21 DE MARZO


Estimadas nais/pais:

As Anpas dos colexios FRIAN, SANTA TEGRA, POSSUMUS, PARAIXAL, SAN SALVADOR, MONTE DA GUÍA E CALASANCIAS volvemos xuntar este ano para a celebración das “V Olimpiadas de Teis 2018” que serán o SÁBADO 21 de abril . A finalidade de estas V Olimpíadas é de que compartamos toda a comunidade educativa unha xornada de lecer na cal os vosos cativos poderán participar en diferentes disciplinas.

Coma en anos anteriores, ditas Olimpiadas inagúranse a través de unha ANDAINA OLIMPICA que se levará a cabo o DOMINGO 15 de abril de 2018 é da cal iremos informando en próximos comunicados.

Para a organización das Olimpiadas precisamos que todo aquel interesado/a en participar faga a inscripción do seu neno/a a través da seguinte ligazón:

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN 21 DE MARZO. Non se admitirán inscripcións forá de prazo.

A ter en conta:

As disciplinas de “libre elección “ son PENTATLÓN e BALONMAN; abertas a todo aquel neno/a que desexe participar nelas.

As disciplinas de Spelling, Ximnasia Rítmica, Baile e Acrossport son disciplinas únicamente para aqueles rapaces que na actualidade estén inscritos en ditas actividades .