VI FRIAN CROSS

Correndo pola Igualdade

VI FRIAN CROSS

Boas familias, este ano queremos invitarvos a que participedes no noso VI CROSS FRIAN , un evento que levamos celebrando dende hai uns anos no mes de novembro no recinto escolar e os seus arredores, pero nesta ocasión, pola circunstancia da Covid-19, será Virtual.

Estará enmarcado na temática CORRENDO POLA IGUALDADE , dentro do noso programa "As cores da Igualdade", subvencionado pola Consellería.

BASES VI CROSS FRIAN "CORRENDO POLA IGUALDADE"


  • Todos aqueles que queiran participar deberán cubrir o formulario seguinte: https://forms.gle/De1MBm5XmNGtRjaV6

  • Data límite de inscripción: 28 de outubro.

  • As familias interesadas en participar deberán ser socios da ANPA. A cuota de socio son 15€ anual por unidade familiar

  • Poderán participar todos os pertencentes a comunidade educativa, pais/nais, nen@s, avós, etc. os cales deben cubrir o mesmo formulario, indicando pais/nais, ou invitado no seu apartado correspondente , según sexa o caso.

  • Trátase de gravar un vídeo do participante correndo no lugar/espazo que éste elixa de duración entre 5 a 10 seg máx.

  • É imprescindible que o "protagonista" do vídeo apareza correndo coa camiseta posta e se coloque o dorsal na parte dianteira. Os dorsais se entregarán co nome completo do participante.

  • Serán premiados tódolos vídeos que inclúan o remate un slogan ou frase relacionada co tema "IGUALDADE"

  • A camiseta e o dorsal serán entregados polo titor/a do nen@ na súa aula na semana do 2 ao 6 de novembro. Tamén se lle entregará a dos seus familiares inscritos, se é o caso.

  • -Os vídeos deberán enviarse por Whatsapp ao 648188292 durante a semana do 9 ao 16 de novembro, ambos inclusive.

  • O día 22 de novembro tódolos vídeos recibidos serán colgados na páxina do ANPA: https://sites.google.com/view/anpagonderan/inicio e no Facebok do ANPA: https://www.facebook.com/ANPA-CEIP-FRIAN-TEIS-419734448102171/

Os participantes que envíen os vídeos entrarán directamente co seu número de dorsal no sorteo dunha BICICLETA que faremos o mesmo 22 de novembro de forma online a través do Facebook da Anpa, e publicaremos o dorsal do gañador na páxina web da Anpa.