ANDAINAS


As andainas do Frián son pequenas rutas de senderismo por espazos naturais próximos a Vigo con recorridos adaptados a todas as idades e que teñen lugar no fin de semana. Polo xeral poderán ir nen@s que lles goste camiñar e disfrutar da natureza acompañados de seus pais ou un adulto responsable.

Comezaron en Novembro do 2010 con un percorrido polas Gándaras de Budiño en Porriño. Naquela andaina estivemos 32 persoas entre pais/nais e nen@s. Chegada a primavera e debido ao interese dos pais e nenos, decideuse repetila. A segunda andaina tivo lugar pola ruta do Rio da Fraga en Moaña. Nesa ocasión o nº de persoas aumentou a 65

Esperamos seguir podendo organizalas e todos aqueles que coñezan rutas poden propoñelas e/ou axudarnos a realizalas dirixíndose ao Anpa.

Próxima Andaina: Ruta polo rio Tea e visita guiada ao Castelo de Sobroso

ANDAINAS FEITAS: (Prema enriba de cada andaina para poder ver as fotos):

Normas e recomendacións

- - Os nen@s deberán de ir acompañados por pai/nai ou un responsable. O Anpa non se fai cargo dos nen@s, nin deixará asistir a ningún nen@ que vaia solo.

- - Os desprazamentos faranse en coches particulares, sendo responsable cada coche dos seus ocupantes.

- - Son voluntarias e gratuitas. Sóio se informará se hai que pagar algunha visita.

- - Levar roupa e calzado cómodo, adaptado ó clima da época.

- - Levar auga e merenda.

- - Inscribirse no local do Anpa ou en anpa.frián@gmail.com

- - Se hai malas prediccións metereolóxicas, o Anpa reservase o dereito de suspender a andaina.