COMEDOR

Se tes algunha dubida contacta con nos: anpa.comedor.frian@gmail.com

Avisar das ausencias ao COMEDOR ANTES das 9:30h da mañá, no teléfono: 648188292

Arrancamos!!!!

*Todos este documentos deben ser enviados por correo anpa.comedor.frian@gmail.com


TARIFAS CURSO 2022-2023

Os/as nenos/as fixos/as de 5,4,3,2,1 día/s aboarán 4,60€ por día/menú, ( prezo subvencionado), subvención (1,05€/menú).

Prezos mensuais

5 días --------------- 80,50€

4 días --------------- 67€

3 días --------------- 53 €

2 días --------------- 36€

1 días ---------------18€

*Para máis información revisa o punto 5 : "Sistema de pago e tarifas" das Normas Xerais do Servizo do Comedor

Cine e Palomitas de Postre :)

Non todo é xantar ;)

NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR

1. USUARIOS:

Os usuarios do comedor poderán clasificarse en tres tipos:

Nen@s bolseir@s: son aqueles que, previa petición á Concellaría de Benestar Social do Concello de Vigo, teñen concedida bolsa para o comedor.

Nen@s fix@s: son aqueles nen@s, bolseir@s ou non, dos que se coñece exactamente os días que mensualmente comen no comedor (5, 4, 3, 2 ou 1 día á semana).

Nen@s esporádic@s: son aqueles que usan o comedor de cando en vez.

2. SOLICITUDES DE PRAZA:

A opción de solicitar servizo de comedor está aberta todo o ano, ata cubrir as prazas de cada burbulla das que dispoñemos, e terán preferencia por este orden: 1. Os bolseir@s 2. Os nen@s de anos anteriores 3. Os que se quedan máis días a semana y por ultimo tódolos demais. É imprescindible aboar o correspondente seguro escolar. A data límite para efectuar este requisito será o 30 de novembro de 2020. Ademais é obrigado cubrir a formulario de inscripción en todos os casos, inclusive os nen@s que soliciten as bolsas do Concello.

3. SINATURA DE BOLSAS

Enviaráse notificación ás familias d@s alumn@s bolseir@s para que pasen asinar as axudas no momento que o requiran.

4. RESPONSABLE DA XESTIÓN DO COMEDOR

O A.N.P.A. designará una persoa responsable de coordinar, xestionar e controlar o bo funcionamento do servizo de comedor. Dita persoa servirá de enlace entre pais, coidadoras, colexio, A.N.P.A. / F.O.A.N.P.A.S e empresa provedora do servizo.

5. SISTEMA DE PAGO E TARIFAS

A táboa de tarifas de comedor, así coma o prezo do menú, serán especificados ao comezo do curso escolar, dependendo da empresa adxudicataria.

O pago farase mediante ingreso no número de conta do servizo de comedor aberta polo A.N.P.A. a tal efecto, ou mediante domiciliación bancaria:

ES5720805525133040000336 ABANCA

O abono efectuarase en dita conta antes do día 15 de cada mes.

Tod@s terán que aboar un único pago de 15 Euros ( correspondente a 1,5 euros mensuais) en concepto de gastos de xestión e materiais non cubertos, nin polas becas, nin polas cuotas mesuais do comedor. Dito pago deberá realizarse antes do 30 de Outubro. Os que acrediten ser SOCIOS do ANPA NON PAGARÁN ESTA CUOTA.

Os nen@s esporádic@s farán o pago tamén meiante transferencia bancaria e sempre que dispoñan praza na súa burbulla.

As comidas NON realizadas NON se devolverán, agás as ausencias xustificadas por enfermidade e superiores a tres días consecutivos.

Nota aclaratoria:

A cuota do comedor ven determinada pola media dos días lectivos totais ao longo do curso escolar, polo que se aboará o mesmo tódolos meses.

@s alumn@s que teñan reservado o comedor para setembro teñen a obriga de pagalo, xa que o menú se pide en xuño.

TARIFAS CURSO 2022-2023

Os/as nenos/as fixos/as de 5,4,3,2,1 día/s aboarán 4€ por día/menú, ( prezo subvencionado), subvención (1,05€/menú).

Prezos mensuais

Prezos mensuais:

• 5 días --------------- 80,50 € mes

• 4 días --------------- 67 € mes

• 3 días --------------- 53 € mes

• 2 días --------------- 33 € mes

• 1 día ---------------- 18 € mes

• Esporádicos*-------- 6 € día


*Os esporádicos poderán acceder ao comedor sempre que teña sitio dispoñible.

6. DIETAS ESPECIAIS

@s nen@s que requiran una dieta especial por problemas de saúde ou non poidan inxerir determinados alimentos por razóns de alerxias ou intolerancias deberán presentar un informe médico que o xustifique. Nos casos de problemas de saúde eventuais deberán comunicalo no A.N.P.A.

7. HORARIO

O horario do servizo de comedor é de 14:00 a 15:50h.

Os pais non poderán recoller @s nen@s antes das 15:00h. (Se algunha familia precisa recollelos antes que se poña en contacto co ANPA)

Durante o horario de comedor, as portas de acceso ao recinto escolar permanecerán pechadas.

Os pais que autoricen a seus fillos a marchar sos deberán asinar a correspondente autorización. Asómesmo, se os pais envían a outra persoa a recoller aos nen@s, deben cubrir a correspondente autorización e comunicalo no A.N.P.A.

8. FALTAS DE ASISTENCIA

Os pais deberán avisar ao centro de que o neno faltará ao comedor para anular o menú antes das 9:30h da mañá, avisando mediante:

teléfono: 648188292 por whatsapp

correo electrónico: anpa.comedor.frian@gmail.com o día anterior

As ausencias deben ser xustificadas. 4 faltas no mesmo mes é motivo por parte do Concello para a retirada da beca dos bolseir@s. A ANPA xestionará ante o Concello as faltas xustificadas dos socios. Os NON socios, as terán que xustificar eles mesmos no Concello.

9.MOTIVOS DE SANCIÓN E EXPULSIÓN

Cando o Consello Escolar considere grave o mal comportamento dun nen@ este poderá ser expulsado polo tempo que se considere oportuno.


COMEDOR Xuño-Setembro

Necesitamos saber se faredes uso do servizo de comedor nos meses de xuño e de setembro. LEMBRADE que nestes meses NON temos ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e o servizo de BIBLIOTECA NON está dispoñible. Os nen@s deben ser recollidos todos os días antes das 16:00