TEATRO

Na actividade de teatro mergullámonos nun mundo de fantasía, sen perder de vista a disciplina de equipo, coa fin de chegar a presentar o mellor espectáculo.

Son dúas horas de traballo semanáis (cada grupo) e xogos de desinhibición. A convivencia dos dous (pertencentes a diferentes días de clase) ten lugar nas saídas que facemos a colexios ou residencias de maiores. E, para que as familias tamén teñan o seu espazo de convivencia, celebramos a megafesta de maio, na que festexamos todos os cumples do curso.