CIRCULARES

PISCINA 2019-20

A actividade de piscina ten lugar tódolos mércores e venres do curso escolar (incluídos os laborables non lectivos) na piscina de Teis:

  • Os mércores o horario é de 18:15 a 19:00 h

  • OS venres hai dous turnos, o primeiro de 16:00 a 16:45 h e o segundo de 16:45 a 17:30 h.

A actividade ten unha cuota establecida polo Concello para todo o primeiro cuatrimestre de 30,20 € que deberá abonarse no momento da inscripción.. Prégase importe exacto.

Tendrán prioridade sobre os novos alumnos aqueles que asistiron o segundo cuatrimestre do curso pasado. Posteriormente poderán anotarse nas prazas vacantes, por orde de chegada, os nenos que se vaian anotar por vez primeira vez ou que perderan a súa praza.

As datas para inscribirse serán:

  • Alumnos que renovan praza no seu turno habitual: luns 23 de 09:10 a 10:00 h.

  • Alumnos que renovan a súa praza pero queren un cambio de turno: martes 24 de 09:10 a 10:00 h.

  • Alumnos que perderon a súa praza ou se queren inscribir por primeira vez: mércores de 09:10 a 10:00 h e de 15:45 a 16:15 h.

Información adicional para alumnos que se inscriben por primeira vez

  1. Só se permitirá inscribir a unha unidade familiar por persoa.

  2. A persoa que cubra a inscripción deberá coñecer os seguintes datos:

a) Nome, apelidos e data de nacemento do menor.

b) Nome, apelidos, domicilio completo, DNI, teléfono móbil, correo electrónico e data de nacemento do responsable do menor.

Lembrade que para esta actividade é necesario ter aboada a cuota de socio

No momento da inscrición darase a cada persoa un papel onde figuran as normas internas da piscina

PISCINA

AVISO NATACIÓN:

1. Alumnos de primaria: O pasado 31 de maio entregáronse os diplomas, cabaliños e tarxetas “Peixe card” a tódol@s rapaces e rapazas do segundo cuatrimestre. Aqueles que non fóchedes á piscina ese día podedes recoller os vosos agasallos na conxersería da piscina.

2. Alumnos de infantil: O pasado 31 de maio entregáronse os diplomas, cabaliños e tarxetas “Peixe card” a tódol@s rapaces e rapazas do segundo cuatrimestre. Como coincidiu coa excursión de fin de curso de infantil os vosos agasallos están no ANPA. Podedes recollelos dende o luns 10 ata o xoves 13 en horario de 09:00 a 09:30 h.

Un saúdo


PISCINA

Estimadas familias:

O vindeiro mes de febreiro comeza o segundo cuatrimestre de piscina. A actividade ten unha cuota establecida polo Concello para todo o cuatrimestre de 30,20 € que se deberá aboar no momento da renovación ou nova inscripción. Prégase importe exacto. É imprescindible para poder participar nesta actividade ter aboada a cuota de socio do ANPA.

1. Alumnos que xa están inscritos:

Poderán renovar a súa praza ou cambiar o seu turno (sempre que haxa vacantes no solicitado) todos aqueles alumnos que xa estén desfrutando desta actividade.

  • As renovacións faranse o luns 14 de xaneiro de 09:10 a 10:00 h e de 16:00 a 17:30h.

  • O cambio de turno farase o martes 15 de xaneiro de 09:10h a 10:00h.

2. Alumnos que solicitan praza por primeira vez:

A actividade de piscina ten lugar tódolos mércores e venres do curso escolar (incluídos os laborables non lectivos) na piscina de Teis. Os mércores o horario é de 18:15 a 19:00 h e os venres hai dous turnos, o primeiro de 16:00 a 16:45 h e o segundo de 16:45 a 17:30 h.

  • A data para solicitar praza é o mércores 16 de xaneiro de 09:10 a 10:00h.

Cada persoa só poderá anotar a membros da mesma unidade familiar e a prioridade será por orde de chegada. É preciso saber os seguintes datos:

a) Do alumno:

o Nome, apelidos e data de nacemento.

b) Da nai, pai ou titor/a legal:

o Nome, apelidos, data de nacemento, DNI, enderezo completo, teléfono, e-mail.

A ANPA

IV FRIAN CROSS

Un ano máis desexamos invitarvos o IV FRIAN CROSS que se vai celebrar o Domingo 18 de Novembro para a nosa comunidade educativa, pais, fillos, profes, etc.

Inscripcions:

1 OPCIÓN: A través da ligazón https://goo.gl/forms/XnRzpBFE84XAWBVL2 cubrindo o formulario.

• 2 OPCIÓN: No local do anpa entregando o cupón adxunto cuberto cos datos do participante

• 3 OPCIÓN: A través do correo anpafrian.cross@gmail.com indicando nome, apelidos, data nacemento e teléfono de contacto

Participantes invitados:

• Os participantes invitados(aqueles que non pertezcan a vosa unidade familiar) deberán aportar 1€, no momento da inscripción, en aportación o seguro específico;estes participantes deberán anotarse no local da Anpa, no seguinte horario:

 Luns a Venres 9:10 a 10:00h

 Luns 16:00 a 18:00h

 Martes 16:00 a 17:00h

Último día para inscribirse: 9 de novembro

Regulamento, recollida de dorsais e trofeos:

• O circuito que percorrerá cada categoría, según a idade do participante, vai adxunto e podedes consultalo no tablón de anuncios do anpa (exposto na parede o lado da porta)

• Os dorsais recolleránse o mesmo día, na mesa que estará situada no patio do colexio, ata 30´antes do comezo da proba que lle corresponda según idade.

• Entregaránse trofeos ós tres primeiros postos de cada categoría, en ambos sexos, e medallas conmemorativas para tódolos atletas.

Sorteos:

• Durante o evento faránse varios sorteos de premios para tódolos participantes( talleres de pintura, clases gratuitas de inglés, horas gratuitas en parque de bolas, etc.) e que ……NON VOLO PODEDES PERDER!!!!,

Fin de festa:

E como non…remataremos co broche de ouro…sesión de ZUMBA gratuita!!!!

7) Normas internas para anpas.pdf

PISCINA

A actividade de piscina terá lugar tódolos venres do curso escolar (incluídos os laborables non lectivos) na piscina de Teis. Desenrolarase en dous turnos de 45 min, o primeiro de 16:00 a 16:45 h e o segundo de 16:45 a 17:30 h.

Vanse respetar os turnos dos nen@s que xa asistiron o curso pasado, tendo dous días de prazo para renovara súa praza:

 Xoves 20 de setembro de 09:10 a 10:00 h e de 16:00 a 17:00 h

 Venres 21 de setembro de 09:10 a 10:00 h

Posteriormente poderán anotarse nas prazas vacantes, por orde de chegada, os nenos que queiran cambiar

de turno ou que se vaian anotar por vez primeira. Para este trámite a anpa estará a súa disponibilidade o:

 Luns 24 de setembro de 09:10 a 10:00.

A actividade ten unha cuota establecida polo Concello para todo o primeiro cuatrimestre de 30,20 €. Prégase importe exacto.

Lembrade que para esta actividade é necesario ter aboada a cuota de socio (preferiblemente os días 18 ou 19 de setembro para que así evitar largas esperas os días asinados a renovacións/altas da actividade de piscina).

No momento da inscrición darase a cada persoa un papel onde figuran as normas internas da piscina

VIAXE A MANZANEDA

O día 28 DE XANEIRO DE 2018, iremos a MANZANEDA en autobús.

Poden vir todas as familias do colexio (socias da anpa ou non) e podedes invitar a vir a familiares e amigos.Lugar de saída: Parada do Vitrasa na rotonda da Travesía de Vigo coa R/ Aragón (onde a ludoteca “Locos Bajitos”)

Hora de saída dende Vigo: 8:45 h

Hora de regreso dende Manzaneda: 17:45 h

Tempo estimado de Viaxe 2 h e media.

PREZO:

· Unidade familiar socia da anpa 10€/persoa

· Non socios: 12€/persoa

ANOTARSE no local da Anpa os días: (plazas limitadas)

· Luns 15, Martes 16, Mércores 17, Xoves 18 de Xaneiro de 9:10 a 09:30 h

· Martes 16/01/2018 de 16:00 a 17:00 h

IMPRESCINDIBLE PARA ANOTARSE:

· Nome completo

· Nº de DNI

· Data de nacemento

· Nº de teléfono de contacto na viaxe

· Pago completo

DATA LÍMITE DE CANCELACIÓN CON DEREITO A DEVOLUCIÓN DOS CARTOS: LUNS 22/01/2018 DE 9:10 A 9:30H

A anpa soamente se encarga da organización do transporte,

as actividades e a comida serán libres, cada quén fará o que desexe.

¡¡¡ANIMÁDEVOS!!

BAILE GALEGO

Estimadas familias:

Atendendo a petición dalgúns socios, ímos ofertar clases de baile GALEGO tódolos luns en horario de 17 a 18 horas no colexio; esta actividade está destinada a nenos/as de primaria (de 6 a 12 anos) e adultos, o seu prezo mensual será de 10€/persoa.

Para poder formar grupo será preciso un mínimo de 6 inscritos.

Todos aqueles interesados pasar polo local do anpa para anotarvos. Grazas.

A ANPA

FESTA DE ACTIVIDADES 2017

Queridos pais/nais:

Con motivo do remate das actividades extraescolares queremosvos convidar á festa de fin de curso das mesmas; non podedes faltar, haberá bar con refrescos e lambonadas que o alumnado de 5º e 6º curso terá a ben servirnos, será una boa ocasión para disfrutar dos vosos fillos en compaña de toda comunidade educativa.

A festa terá lugar o próximo MÉRCORES 31 de MAIO as 16:00 horas e todos os nen@s anotados nas actividades recibirán un agasallo por parte da ANPA.

Poderemos disfrutar da exposición dos traballos levados a cabo en PINTURA, no terceiro andar a entrada o salón de actos, e tamén teremos as seguintes actuacións:

EXTERIOR

16:00 – PATINAXE PEQUES

16:10 - PATINAXE MAIORES

16:20 – BAILE PEQUES

16:30 – BAILE MAIORES

16:40 – MULTIDEPORTE Y BALONMAN0

17:55 – TENIS Y FÚTBOL

SALÓN DE ACTOS

17:10 - XOGOS EN INGLÉS GRUPO PEQUENOS

17:20 – XOGOS EN INGLÉS GRUPO MAIORES

17:30 – GUITARRA

17:40 – ROBÓTICA

17:50 – TEATRO MARTES

18:05 – EXPRESIÓN MUSICAL

18:20 – INTELIGENCIA EMOCIONAL

18:30 – TEATRO XOVES

18:55 – PANDEIRETA

19:00 – PECHE

EXCURSIÓN/ ACAMPADA FIN DE CURSO

FESTA DOS MAIOS 2017

Como xa vos informamos a semana pasada, este sábado 20 de maio o noso colexio xunto con outros colexios de Teis a “Festa dos Maios” e desexamos que vos unades a este festexo.

Garantizamos unha tarde de folklore, canto de coplas, gaiteiros e pandereteiras que vos farán pasar unha tarde moi entretida. O festexo comenzará ás 17 h na Carballeira da Guía en caso de que as condicións metereolóxicas o permitan; en caso de choiva, farase no colexio Paraixal.

Dende a mañá , pais/nais do cole estarán tamén nesta Carballeira, polo que podedes achegarvos para comer alí todos xuntos.

Como outros anos, a recomendación é de ir vestidos de branco.

​ Ante calqueira dúbida podedes consultar no local da ANPA.

Esperámosvos!!!!!!

OBRADOIRO DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR E PRIMEIROS AUXILIOS

Estimados pais/nais:

A Anpa propón ós pais, nais a realización dun taller de reanimación cardiopulmonar e primeiros auxilios o vindeiro MARTES 16 de maio de 16 a 19 h. Será impartido por pais/nais do colexio que pertencen ó ámbito sanitario.

Se estades interesados anotádevos no local da anpa a partir de mañá 11 de maio.

Serán 25 plazas. ¡¡¡SE CHE INTERESA ANÓTATE CANTO ANTES!!!

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DO CONCELLO DE VIGO – CURSO 2017-2018.

Este ano como novidade para a presentación da solicitude terase que pedir cita previa, a partir do martes 16 de maio, a través do teléfono 010 ou 986 810260 tamén na páxina web: www.vigo.org

bases bolsas comedors 20172018.PDF

DOCUMENTACIÓN

2017-18 SOLICITUDE DEFINITIVA.pdf

Liga de Natación Escolar

A organización da Liga de Natación Escolar nos informan da derradeira xornada que se celebrará o domingo día 28 de maio.

Polo que informamos que tod@s aqueles nen@s interesados xa poden facer a inscripción no local do anpa antes do próximo día 22 de maio..

Recordamos é necesario que un dos pais/nais dos nen@s anotados figure como delegado-representante do colexio e os acompañe en cada competición. Recordamos:

1. Organizan: Club Natación Vigo Rías Baixas, e o Concello de Vigo, coa colaboración da

Fundación Vide.

2. Sede: Piscina Municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas) en horario de 9:00 a 14:00 horas

3. Categorías: ◦ Promesas: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2009, 2010 y 2011.

◦ Benxamíns: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2005, 2006, 2007 y 2008.

4. Probas: En ambas categorías: 25 metros libres e 25 metros costas.

5. Competición e clasificacións: ◦ As probas nadaranse polo sistema contrarreloxo.

Axedrez


Estimadas familias,

O clube Xadrez Galego convida ás ANPAS asociadas a FOANPAS a unhas xornadas de portas abertas para visitar as súas instalación, coñecer o clube e aprender a xogar ao xadrez de maneira GRATUÍTA.

Estas xornadas se desenvolverán todolos sábados de maio e xuño en horario de 17 a 20 hr na rúa Ruiseñor nº 15 CP 36215 da nosa localidade.

Todo aquel es nenos interesados en participar nestas xornadas deberá enviar a súa inscripción a este mail do anpa co seu nome, apelidos, idade e teléfono de contacto.

I CONCURSO DO DÍA DA FAMILIA

Foanpas en celebración do seu 25º Aniversario organiza o “I Concurso de Carteis do Día da Familia” e o noso anpa únese a esta iniciativa.

Se o voso fillo/a desexa participar neste concurso só e preciso que faga un debuxo ca temática dun reloxo no tempo cas actividades que realizades habitualmente en familia; deberá ser debuxado en tamaño folio dirección vertical ca técnica que máis lle guste o neno/a. No reverso do folio incluir o nome /apelidos e curso do artista.

O prazo de entrega dos debuxos será o vindeiro 11 de maio no local do anpa.

PREPARACIÓN " FESTA DOS MAIOS 2017"

Co motivo da celebración da Festa dos Maios que terá lugar o vindeiro sábado 20 de este mes, preparemos o maio no cole en horario de tarde, a partires das 16 h, os días 9, 10 e 11; agradeceríamos que todos aqueles que queirades colaborar traiades flores de cores o noso local do anpa (salvo o fiuncho, xa que nolo proporciona a Asociación de Comerciantes de Teis)

Do mesmo xeito, todos aqueles que desexen participar na montaxe do maio deberá presentarse no colexio pola tarde os días indicados.

En próximas circulares iremos informando do programa que temos preparado para dita festa…Animádevos!!!

ANDAINA DOMINGO 14 MAIO: RUTA POLA SENDA DO PONTILLÓN

Animádevos a disfrutar dunha nova andaina prevista para o próximo domingo 14 de maio; sempre e cando O TEMPO O PERMITA.

O percorrido será circular ao redor do encoro do Pontillón de Castro que está habilitado como centro deportivo de regatas de piragüismo ónde teñen lugar diferentes competicións. Ao remate do percorrido circular, os que todavía teñan forzas, poderán subir ao Outeiro de Castro para poder disfrutar de fermosas vistas e ver o monumento adicado aos canteiros.

Como sempre, desprazarémonos nos coches particulares, polo que os que queiran poderán voltar cando o desexen e o resto quedaremos a comer no merendeiro preto do encoro.

Podedes anotarvos ata o venres 12 no local da ANPA ou enviando nome do nen@,número de asistentes e tlfn. de contacto por e-mail a anpa.frian@gmail.com

INFORMACIÓN SOBRE A RUTA: PROGRAMA:

DÍA: domingo 14 de maio 10:45 Hr. – Saída do Colexio.

PERCORRIDO: circular 11:30 Hr. – Inicio da ruta

DIFICULTADE: fácil 14:00 Hr. – Fin da ruta, xantar e tempo libre

DURACIÓN: 2.5 horas aprox. 18:00 Hr. – Volta a Vigo

Levar auga, roupa e calzado cómodo

APTA PARA CARRIÑOS BEBÉ