Festival Solidario

Onte tivemos un contacontos moi especial. Estiveron con nós os amig@s de Bicos de Papel e entregamos o cheque do recadado no Festival Solidario do día 11 de Marzo.

GRAZAS a todas as personas que colaboraron para poder facer este festival. A todolos colaboradores, artistas que actuaron ese día, voluntarios, familias do cole, mestres, a Dirección do cole e a xente que foi ese día a colaborar e desfrutar do festival.

GRAZAS a todos os que puxeron o seu gran de area e fixeron posible algo tan bonito....

Algo feito de corazón....

XUNTOS SUMAMOS!

Bicos de papel é unha asociación que axuda a nenas/os oncolóxicos e ás suas familias dende o momento do diagnóstico e que son tratados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que tratar a nenos/as de Vigo, e do sur de Galicia (Pontevedra y Ourense).

Dende a Anpa queremos propoñervos colaborar con esta asociación sen ánimo de lucro e por iso estamos a organizar esta GRAN XORNADA con talleres infantís, cantina, concertos, mercadillo, moitas sorpresas e estupendos sorteos, ….

XORNADA LÚDICA E SOLIDARIA BICOS DE PAPEL

Co motivo de que hoxe , 15 de Febreiro, é o día do Cancro Infantil, queremos informar que o Domingo 11 de Marzo de 2018, realizarase no colexio unha Xornada Lúdica Solidaria

para recaudar fondos para a Asociación Bicos de Papel de Vigo.

Pasaremos un gran día con Mercadillo, Cantina, Talleres, Actuaciones, Sorteos e moitas Sorpresas...

As persoas voluntarias que queiran axudar para organizar o evento ou aportando algo, algunha empresa colaboradora, poden mandar unha menxase ó correo contacontos.anpafrian@gmail.com ou pasar pola Anpa e preguntar por Tere.

¡¡¡¡¡¡¡ Xuntos Sumamos !!!!!!!!

Moitas, moitas grazas, orgullosos e agradecidos por toda a colaboración prestada..