REVISTA VIVA

En maio celebramos a nosa “Revista viva Nós de Nós”, que se desenvolveu no Teatro Principal o día 29 de maio, ás 17:00 h da tarde, á que convidamos a toda a comunidade educativa: a ANPA, alumnado, profesorado , equipo non docente, etc. Foi, sen dúbida, unha tarde máxica, con música en vivo, teatro ao vivo, literatura ao vivo, rap… Unha chea de actividades que demostran o bon facer a a creatividade do noso alumnado.

Beizóns a todos os que nos acompañastes esta tarde!!!