Día das letras galegas

O Día das Letras Galegas sempre é unha data importante no noso IES, porque é a celebración da nosa literatura e da nosa lingua. Este ano tamén vos propoñemos un monllo de actividades para que poñades a traballar toda a vosa creatividade.

Unha actividade ben interesante é a que vos animamos a facer en colaboración co Departamento de plástica, dentro do concurso de fotografía 30x30 (30 días, 30 fotos). Nesta semana, a partir de poemas de Xela, debedes facer fotos creativas.

Ánimo!