Organizamos dous grupos de alumnos:
2 de 1º ESO.
2º de 2º ESO.
Elaboramos preguntas do libro O neno can e as entregamos entre os diferentes participantes.
Repartimos a plantilla do Tres en raia e as fichas.
O equipo que acertase a pregunta, movía ficha.
Todas as preguntas tiveron as súas correctas respostas.
Os movementos das fichas decidían o equipo gañador.
Ao entregarlles o libro, pedímoslle que anotasen todo aquelo do que querían que se falase na sesión do club de lectura. O resultado foi moi positivo:
O rol da muller na sociedade: esposa, nai, traballadora e cun aspecto físico seguindo os estereotipos que se impoñen.
Por que os homes non poden chorar?
A situación da muller nalgún país dos que se relata no libro.
Neste punto, aportamos datos sobre o nivel de alfabetización da muller no mundo e as condicións nas que viven noutros países que non se describen no libro. Engadimos as cifras de mulleres asasinadas desde que hai un rexistro e iniciamos un pequeno debate de por que os homes asasinan as mulleres que “aman” e o amor posesivo.
Un alumno do club puxo o foco na insistente da presenza da muller como agredida, indefensa, soa..., en carteis, anuncios publicitarios. Unha reflexión da que saíu unha proposta futura: agresor como centro da noticia. Traballaremos niso!
Ao final da sesión todos decidiron poñerse as gafas violetas e observar alí onde a igualdade non se respectase: anuncios publicitarios, comentarios da cidadanía, tanto na súa contorna coma noutros contextos...
Fixeron unha proposta: un apartado sobre a igualdade nos andeis da biblioteca, un aspecto que se recolle nas liñas prioritarias da biblioteca 22-23.
PASAPALABRA
Formáronse dous equipos mesturando alumnos de 1º e de 2º da ESO. A súa misión consistía en rematar o rosco do pasapalabra, elaborado por preguntas do libro, o máis rápido e exacto posible.
Esta foi unha das citas do libro máis recurrente. Falamos e falamos da responsabilidade dos que miramos, mais non actuamos: somos cómplices.
Adiante coa lectura!
Na 1ª sesión entregáronse os libros ao alumnado xunto a uns marcadores que utilizarían durante a lectura para sinalar aquelas ideas que lles resultasen significativas e quixesen comentar na seguinte sesión.
Para adentrarnos na obra, propúxose ó alumnado comezar a ler o libro, de modo que cada un deles leu, en voz alta, algunhas páxinas. Para acompañar a lectura proxectouse a lista de reprodución que o autor reflexa nun código QR nas primeiras páxinas. A banda sonora de Diferente recolle unha listaxe de cancións que soaron mentres o autor escribía a novela.
De cara á vindeira sesión pediuse ó alumnado que avanzase na lectura ata a metade do libro aproximadamente.
Tamén se lle deu entrega dunha plantilla coa silueta dun sombreiro como o que utilizaba a protagonista e pediuse que foran pensando sobre as seguintes cuestións, ao igual que se describen os personaxes da obra: cor, cheiro e sabor preferidos, “encántame...”, “non me gusta...”, “non podo evitar...”.
A silueta do sombreiro tamén levaba unha pregunta sobre a que debían de pensar: “que che gustaría que che sucedese dentro do teu sombreiro?”. Tal e como lle sucedía a Luna, a protagonista, a todos nos gusta imaxinar o noso mundo ideal, no que suceden cousas desexables e boas que, ás veces, distan moito da realidade.
“- ¿Qué hacías dentro del sombrero?
- Bueno, este sombrero me sirve para muchas cosas. A veces es un escudo, a veces es un lugar donde desaparezco y a veces se convierte en mi hogar, en mi casa”.
Na 2ª sesión as profesoras colocaron uns parágrafos, extraídos do libro, pegados por debaixo das cadeiras do alumnado, que se dispuxo sentado en forma de círculo.
Cada quen despegou o seu texto e doulle lectura, tratando de reflexionar sobre o aspecto que alí se recollía.
As interpretacións foron interesantes e a maioría do alumnado conseguía empatizar co sufrimento da protagonista e coa súa capacidade para interpretar o mundo, buscando sempre o lado positivo incluso do que máis a facía sufrir.
“Siempre habrá personas diferentes que necesitarán ayuda […]. Siempre habrá dianas fáciles a las que atacar. Pero de aquí a unos años, quizás siglos, todo esto ya no ocurrirá, porque al atacar a otro nos estaremos atacando a nosotros mismos, todos estaremos conectados”.
O alumnado relataba, neste punto da lectura, o inquietante da obra, e como esta invita ó lector a non desconectarse para pescudar sobre a relación que gardan as vidas das protagonistas.
Na 3ª e última sesión comentouse a opinión xeral da novela, extraendo un balance positivo, aínda que tamén houbo alumnado que sentiu que era demasiado negativo e triste.
Retomamos os sombreiros entregados na primeira sesión e como non todo o alumnado escribira sobre as preguntas plantexadas fíxose na mesma sesión.
Unha vez que todos remataron de escribir pegáronse os sombreiros nun papel continuo coa finalidade de dar un último paso: conectalos entre si.
Ao igual que pensaba Luna, existe unha lenda oriental que sostén que as persoas destinadas a coñecerse están conectadas por un fío vermello invisible.
Dun xeito máis concreto, con esta actividade pretendíase que o alumnado buscase puntos en común dentro do pequeno grupo que conformaba este clube de lectura.
En seguida se mostraron entusiasmados coa idea de buscar semellanzas entre eles e non lles custou nada atopalas. Parece que coñecerse algo máis é a mellor forma de facer que o normal sexa ser diferente.
De xeito breve pola premura do tempo, o alumnado expresou o que lle gustaría que lle sucedese dentro do seu sombreiro.
Tres foron as preguntas propostas:
Por que se escolleu o blanco e negro para este cómic?
A película faille xustiza ao cómic?
Por que debemos ler Persépole?
O primeiro día o alumnado contou a súa impresión da lectura e logo en parellas fixeron, coa aplicación online https://www.nubedepalabras.es/, nubes con palabras que atoparon no libro: de protección e de perigo medioambiental, especies en perigo de extinción, palabras descoñecidas e palabras que lles suxeriu a lectura.
· A segunda sesión do Club de lectura fixeron un debate con dúas posturas enerxéticas enfrontadas: investimento en enerxías renovables ou en enerxía nuclear, criterios medioambientais, económicos... Posición de Francia e de España.
Para facer esta actividade, previamente repartíronse en dous grupos e buscaron información para defender as súas posturas.
A actividade realizouse ao aire libre, diante da cafetería do noso centro.
PASEO DESDE O IES Nº1 AO RECREO CULTURAL
Saímos do IES camiñando ata o Recreo cultural, onde nos esperaba unha nova aventura.
XOGO DE PISTAS
Xogo con formato de xincana literaria no que se combinaron retos, pescudas e probas de rapidez en relación cos libros lidos polos diferentes cursos no Clube de Lectura.
Dividíronse os alumnos participantes en 4 equipos que tiveron que competir entre s nunha carreira contra-reloxo resolvendo e superando 7 probas.
Durante o transcurso do xogo as personas integrantes dos equipos tiveron que poñer en común información sobre o fío argumental dos libros, e tamén dar o propio punto de vista sobre cuestións de diferentes temas (igualdade de xénero, reto medio-ambiental, seguridade e redes sociais...)
Fran Alonso
Fran Alonso