Día das escritoras

NODOAS (DEFINITIVO).pdf

Este libro, Nódoas, é un traballo de colaboración entre a Biblioteca e o Departamento de Plástica. É un fermoso traballo escolar no que o alumnado de 4º de ESO escolleu un poema dunha escritora galega e, a partir do texto, realizou unha composición artística.

A verdade é que souberon interpretar os textos e fixeron deseños que van máis aló do obvio, do literal... As cores, as formas e as grafías reflicten un traballo ben persoal e orixinal.

Belas irmás.pdf

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

"Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo.", explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

O IES N1, como non podía ser doutro xeito, quere contribuír a dar visibilidade ás mulleres escritoras, e facendo unha selección de poetas, desde Rosalía de Castro, a autora fundacional das nosas letras, ata a actualidade, con poetas como Miriam Ferradáns, Alba Cid, Tamara Andrés, Rosalía Fernández Rial... e outras moitas.

Velaí tedes o produto deste grande traballo, que publicamos nun fermoso libro. Parabéns a todos e a todas!

E aquí tedes o prólogo do libro. Xa sabedes, as voces de mulleres, que atravesaron o río do tempo, son para vós. Desfrutade con elas!

Dí_das_Escritoras_20.v1.pdf

E aquí vos deixamos tamén unha selección de textos de mulleres realizada pola Asesoría de Bibliotecas escolares.

Moitas grazas!