A nosa biblioteca

A NOSA BIBLIO

Benvidas e benvidos á Biblioteca do IES Nº1: É un espazo versátil, dinámico, moderno e útil para todos e todas vós.

Agardamos que vos guste e que veñades a gozar das nosas instalacións!

NOVO MOBILIARIO

E como podedes ver, temos librarías con baldas adaptables para podermos colocar todas as novidades que mercamos! Proximamente contaremos con dous novos apartados: português e igualdade.

E ollade para as mesas e cadeiras... son comodísimas e moi versátiles, para podelas adaptar segundo a funcionalidade do momento.

Vide xa e levade en préstamo para a casa o material que vos interese!

Apertura simbólica da biblioteca

O pasado mércores tivo lugar a inauguración da Biblioteca para o novo alumnado de 1º ESO. De maneira simbólica, un alumno cortou a cinta que nos permitiu entrar neste espazo de encontro coa lectura. Logo de atender ás explicacións de como se organizan os libros e de facer algún exercicio de busca, o alumnado foi agasallado cunha pequena festa, na que non faltou o tradicional chocolate con churros.

O equipo da Biblio só desexa que, a partir de agora, os alumnos e alumnas veñan con frecuencia para desfrutar de todo o material que ofrece.