Bibliotecas de aula

Neste curso continuamos coa actividade das gardas lectoras. Hai xa anos o claustro e o consello escolar aprobaron esta iniciativa: cando falta un profe, o alumnado debe dedicar esa horiña á lectura, que tantos beneficios nos achega...

E para poder comezar, o equipo da Biblioteca foi levando por cursos a todos os nosos alumnos e alumnas á Biblio, e alí cadaquén escolleu o libro que lle pareceu máis acaído.

Ademais, este ano tedes xa as bolsas para que gardar o libro e non ter que erguervos da mesa para collelo. E o alumnado novo, bolsas do trinque, como non podía ser menos!! E seguramente poderedes "tunealas" na aula de Educación Plástica e Visual, xa que o profesor Jano se ofreceu a facer con vós un taller de cianotipia.

Todo está preparado... así que xa sabedes, no IES N1, cando falta un profe... A LER!