Aquí tedes a presentación do noso club de lectura... Ben, mellor dito, dos nosos clubs de lectura, porque este ano organizarémonos en pequenos grupos, para garantir as medidas sanitarias pola Covid... Aí vedes tamén o pequeno calendario plastificado que vos demos, para que non esquezades nunca as reunións...
E estade atentos e atentas, que tamén podemos convocarvos nalgún recreo... Indicarase con antelación no taboleiro da Biblio!
Ledicia Costas sorpréndenos con esta proposta para adultos, unha novela de misterio que enfronta sen eufemismos unha temática ben actual: os abusos a menores, a impuidade ás veces da maldade humana, as culpas sen redimir...
En fin, unha novela marabillosa, cun estilo moi coidade, mesmo poético, cuxa ambientación nos sumerxe nun mundo inquedante.
Tal vez, máis adiante, poidamos completar a lectura cunha visita da autora, que xa ten pasado polo noso IES noutras ocasións.
Entretanto, podedes ler esta entrevista que lle fixeron, na que desvela como se fixo unha grande escritora, e como, nese momento, estaba a traballar neste thriller psicolóxico que agora estamos a ler. Semella que moito traballiño lle deu !
www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventuraledicia/3729481/