Homenaxe a Olimpio Arca

Este curso pensamos seguir coa colaboración con Radio Estrada, e para comezar, fixemos un primeiro programa, no mes de outubro, que nos quedara pendente do curso pasado. Trátase do programa homenaxe a Olimpio Arca, cuxo labor serviu de inspiración; grazas ao seu libro Callejero histórico, fixemos todos os programas do ano pasado. E aquí estivemos de novo, para falar un pouco da súa interesante vida e do seu inxente labor, que tanta pegada deixou nos seus alumnos e achegados.

Para rematar, contamos cunha estrevista a Mónica Arca, a súa filla, a quen agradecemos a emoción do seu recordo.


Documento de Beatriz Quintela