Bibliotecas de aula

Neste curso continuamos coa actividade das gardas lectoras. Como xa sabedes, todo o alumnado ten a obriga de ler se falta algún profesor/a. Para poder levalo a cabo, o equipo da Biblioteca foi levando por cursos a todos os nosos alumnos e alumnas á Biblio, e alí cadaquén escolleu o libro que lle pareceu máis acaído.

Ademais, este ano tedes xa as bolsas para que gardar o libro e non ter que erguervos da mesa para collelo. E o alumnado novo, bolsas do trinque, como non podía ser menos!!

Todo está preparado... así que xa sabedes, no IES N1, cando falta un profe... A LER!