Día da muller

políticas e cidadás 2020 definitivo.pdf

Boas, en marzo celebramos o Día da Muller. A Biblioteca, o EDLG e Orientación preparamos algunhas propostas para conmemorar esta data. Botádelle un ollo ao cartel que está na entrada de Orientación, que aí están explicadas.

Agardamos a vosa participación. Lembrade que aínda nos queda moito camiño que percorrer, se queremos formar parte dunha sociedade máis igualitaria e, por tanto, máis xusta.

Aquí vos deixamos unhas diapositivas feitas entre as bibliotecas dos tres IES da Estrada, xa o curso pasado, que explican o porqué do 8 de marzo e tratan de visibilizar a mulleres relacionadas con ámbitos diferentes: políticas, científicas, premios Nóbel...

Serás quen de engadir algunha máis? Anímate e participa!

Na Aula Virtual, na entrada da Biblioteca, tes máis material ben interesante para te informares.