O Samaín e o magosto

Este curso, en colaboración cos departamentos de Orientación e de extraescolares, desenvolvemos moitas actividades para celebrar este día do Samaín. Decoramos a Biblioteca para a ocasión con motivos “terroríficos” e convocamos un concurso con tres modalidades diferentes. Ademais, organizamos unha saída ao cine da Estrada, para ver o filme “A lenda de Sleepy Hollow”, baseada no relato de Washington Irving, que lemos previamente nas aulas.

Pero, sen dúbida, a actividade estrela este ano foi a de “Escenificación de relatos de terror”.

Aí tedes as imaxes, verdadeiramente "terroríficas"