Día da Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz, e o Equipo da Biblioteca, en colaboración co Departamento de Plástica e o de Orientación, deseñamos unha serie de actividades para todo o alumnado que se desenvolveron ese día, o martes 30 de xaneiro, nas dúas horas da tarde.

ACTIVIDADES PREVISTAS OBRADOIROS

Trátase dunha serie de obradoiros que teñen como obxectivo fundamental que o alumnado reflexione sobre as graves inxustizas que continúan afectando a un gran número de pobos do mundo: o problema palestino, o tema dos refuxiados, os muros que se erguen, as diferenzas cada vez maiores entre ricos e pobres...

OBRADOIRO 1: ESCULTURAS

Ø Construción dun muro: alumnado de 1º ESO

Ø Construción dun barco: alumnado de 2º ESO

Ø Construción dunha ponte: alumnado de 3º ESO

Ø Construción dun refuxio: alumnado de 4º ESO

OBRADOIRO 2: MAQUILLAXE E CARACTERIZACIÓN

Un grupo de alumnos/as maquillarán a outros para tratar de caracterizalos como refuxiados, ou ben os pintarán con motivos relacionados coa temática que se está a traballar.

OBRADOIRO 3: PAPIROFLEXIA

Elaboración de barcos de papel con material de reciclado.

OBRADOIRO 4: MENSAXES PARA A PAZ

O alumnado redactará mensaxes relativas á paz e á non violencia que serán colgadas no muro, unha vez construído.

B) OS PARAUGAS DA PAZ

Previamente ao día 30 de xaneiro, nas titorías cada grupo elaborou un Paraugas da Paz, tal e como se viña facendo outros anos.