EducaEstrada

A nosa biblioteca estivo presente, acompañando ás dos outros dous IES da Estrada, nas II Xornadas de Educación que se celebraron os días 28 e 29 de abril no MOME. A participación das tres bibliotecas tiña como obxectivo facer unha exposición das actividades que, desde as bibliotecas, se realizan de forma conxunta entre os tres institutos da localidade: IES N1, Losada Diéguez e García Barros. Neste enlace aparecen recollidas as distintas actividades que se realizaron de forma conxunta entre os tres Centros.

https://photos.google.com/album/AF1QipNJGVa1_mhcGRTD3F_YaO8Zg9B2cjksceXcWrEb