Día de Rosalía

Muller, galega, comprometida, feminista, alma adiantada ao seu tempo, libre para expresar o máis íntimo e para aguilloar conciencias. Símbolo da nosa Terra e das nosas Letras, que rexurdiron por e grazas a Ela.

Por iso quixemos homenaxeala, honrar a súa memoria, facela viva no noso IES a partir dunha data ben especial: 24 de febreiro, Día de Rosalía.

Os nosos alumnos e alumnas deixaron pegada, co seu traballo, do seu amor pola autora, do seu interese por coñecérena mellor, por indagaren na súa biografía e, sobre todo, da súa obra, o maior legado que nos deixou.

Por iso todos e todas nós sentamos a carón de Rosalía, xantamos, lemos, escribimos, debuxamos, recitamos... con ELA.

E, ademais, colaboramos coa homenaxe que desde o concello lle fan á autora, e dúas das nosas alumnas, Iria e Itziar, de 1º ESO, dramatizaron no MOME o poema de Cantares gallegos "Miña santiña, miña santasa". Cómpre dicir que estiveron estupendas!

Velaí as imaxes, que iluminan todo isto.

Grazas a todos e todas, por contribuír a engrandecer o seu nome.

https://goo.gl/photos/F2Yfx41fvLxEgA3p7