Mes da Ciencia en galego

MANIFESTO MES DA CIENCIA XURXO MARIÑO.pdf
A4 Cartel Ernesto Vieitez Cortizo.pdf
A4 Cartel explicativo Mes da Ciencia en galego - novembro 2020.pdf
A4Cartel Robert Koch.pdf

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, este mes pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia.

En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Como todos os anos, Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego.. E o alumnado de 4º de ESO asistirá o próximo luns a unha conferencia impartida pola investigadora de Houston, Sonia Villapol.


A4 Video conferencia Sonia Villapol.pdf