Fomento da lectura e da escritura

Desde a biblioteca, fomentando a lectura creativa entre o noso alumnado. Velaí unha fermosa imaxe. No álbum podedes ver todas as outras!
A biblioteca organiza tamén nos diversos cursos sesións de lectura para o alumnado. Eis un grupiño de 1º de ESO lendo, analizando e gozando coa lectura de Escarlatina, de Ledicia Costas.
Tamén, ao longo do curso, alumnado de distintos cursos pasaron pola Biblio para recomendar lecturas ao seus compañeiros. Aquí temos unha mostra de Matilda, recomendación feita por Hiba, de 1º A. Tamén tivemos sesións con Enrugas, Oliver Twist, Europa Exprés, O que sei do silencio, Manolito Catrollos, A mansión dos Pampín, O merlo branco... e un sinfín de obras máis!
Así mesmo, neste curso sacámoslle partido á subscrición que a Biblioteca fixo ao xornal O Papagaio. Moitos rapaces e rapazas se animaron a vir a consultalo, e mesmo o utilizaron nalgunhas clases de Ciencias e de Lingua galega. Encantoulles!