Jules Verne 2022

Neste 2022 escollemos a Verne no 150º aniversario da publicación dunha das súas obras máis emblemáticas A volta ao mundo en 80 días. O autor é un dos máis prolíficos, populares e influentes da literatura universal. O autor máis editado da historia, segundo autor máis traducido do mundo, despois de Agatha Christie e superando a William Shakespeare.

Jules Verne foi un dos autores máis prolíficos e lidos da historia. A fórmula do seu éxito debeuse á combinación de dous elementos que apaixonaban á sociedade europea de finais do século XIX e principios do XX: as aventuras dos exploradores que se penetraban en territorios descoñecidos ata entón –como os polos, o África tropical ou as profundidades submarinas–, e os avances científicos e tecnolóxicos que plasmaba nas súas obras.

Na exposición que tedes á vosa disposición na galería do centro atoparedes os carteis, e as maquetas dalgúns dos seus inventos que aparecen nas súas novelas.

Como sempre temos un concurso con premios, así que adiante, dádelle ás neuronas e buscade a información.

Os rapaces de EPV de 4ºESO, baixo a atenta mirada de Carmen Ozema, nos axudaron a recrear algúns dos marabillosos artiluxios do autor.