BEs 2008

No 2008 a proposta para o día das Bibliotecas Escolares non foi un autor senón unha reflexión: "Que é para tí a biblioteca, a lectura e o libro?

Biblioteca ven do grego, biblion = libro e thekes = caixa, literalmente sería “caixa de libros” ou de gardar libros; pero é moito máis que iso: é unha colección de libros e outros documentos impresos, audiovisuais, electrónicos ou informáticos debidamente organizada que sirve para cubrir as demandas xeráis ou específicas da lectura e información.

Pero para outros é un paraiso...

Estas semanas imos pensar no que significa para nós a biblioteca, os libros e a lectura.

Para iso invitámosvos a dar a vosa opinión e revisar na galería do instituto unha selección de citas ao redor do libro dalgunhas 'importantes personalidades'... para mostra as seguintes regras de ouro do libro:

1. Quen len moito acaban cegos.

2. Quen len moito acaban trastornados.

3. Ler esgota a túa economía.

4. Ler complica a vida doméstica.

5. Ler complica a vida amorosa.

6. A lectura adoita ser fonte de toda infelicidade.

7. Os libros xeran frustración.

8. A lectura é algo lento e repetitivo.

9. Ler non serve para obter admiración.

10. A lectura non está ao alcance de todos.