Agatha Christie 2018

No 2018 queremos achegarnos á gran dama do misterio, Agatha Christie quen escribiu 66 novelas policíacas, 6 novelas románticas e 14 novelas curtas, poesía e incluso tamén probou có teatro.

O Libro Guinness dos Récords cualificou a Christie como a novelista que máis obras vendeu de todos os tempos. Vendéronse dous mil millóns de copias, posicionándose os seus traballos como os terceiros máis vendidos no mundo, só por detrás das obras de William Shakespeare e a Biblia.

Desde pequena, Christie converteuse en lectora de Walter Scott, John Milton, Alexandre Dumas, Jane Austen e Arthur Conan Doyle, alegando paralelamente que sería eficaz para esquecer os «horrores da guerra». Aínda que Christie prefería a Dickens, estaba convencida de que sería capaz de escribir historias como as de Doyle. Agatha e a súa irmá Madge lían os seus relatos detectivescos desde a idade de oito anos. Nunha ocasión a súa irmá queixábase de que nas novelas de detectives resultaba moi fácil atopar ao asasino case desde o primeiro capítulo, Ágata propúxose demostrarlle que non era así, que se podía escribir un misterio irresoluble ata o final.