Hergé 2007

No 2007 conmemoramos o centenario de Hergé relendo a súa obra máis coñecida Tintín. Interesado por todo o que marcou a súa época, Hergé seleccionou as imaxes e os signos míticos e históricos que a definían para reflectilos na súa obra.

Grazas á súa arte do debuxo e ao seu dominio da narración deu ao cómic europeo carta de nobreza.