C. S. Lewis 2023

Neste ano 2023 temos que lembrar a Clive Staples Lewis, ou C.S. Lewis ou Jack como prefería ser chamado, polo 125º aniversario do seu nacemento e o 60º do seu pasamento.

Considerado como unha das figuras máis interesantes do pensamento inglés do século XX,  estudou literatura, e destacouse como crítico, novelista, e tamén polos seus escritos morais. 

A súa cultura literaria, filosófica e teolóxica foi impresionante, do mesmo xeito que o foron a súa imaxinación e talento de escritor. A estas condicións únese un profundo cristianismo.

Entre 1925 e 1954 desempeñouse como "fellow" e titor en Magdalen College, Oxford, e en 1954 foi nomeado profesor na Universidade de Cambridge, na cal, ata a súa morte, ensinou literatura inglesa medieval e do Renacemento.

Unha curiosidade, saberíades dicir que outra personaxe morreu na mesma data que o noso autor e por iso case pasou desapercibido o seu pasamento?   Solución ao pé desta páxina.

Tolkien e Lewis coñecéronse ensinando filoloxía en Oxford e compartiron os anos máis creativos da súa vida. Xuntos formaron o grupo literario dos Inklings, que se reunía nas habitacións que Lewis tiña na universidade e nun pub de Oxford, The Eagle and the Child, que ten aínda as súas fotos e unha placa que lembra as súas reunións. Alí leu Tolkien por primeira vez O Señor dos Aneis, e Lewis falou de Narnia e das Cartas dun diaño ao seu sobriño

Con "O León, A Bruxa e O Roupeiro", Lewis iniciou unha serie de sete libros para rapaces que reuniu baixo o título de "As crónicas de Narnia". Obra na que resaltan o brillo e talento do autor, xunto a unha imaxinación desbordante e unha linguaxe de riqueza extraordinaria.

Na galería do centro tedes a exposición da vida e obra de C.S. Lewis xunto cos marcapáxinas e boletín de participación do concurso para homenaxear a este autor que tanto temos que lembrar os amantes da literatura fantástica:

Lle damos as grazas aos rapaces de 1º BAC por crear tan suxerentes ropeiros para a exposición.

Unha versión que quizáis coñezades....