Roald Dahl 2016

No centenario do seu nacemento lembramos a Roahl Dahl e invitamos a toda a comunidade educativa a ler as súas obras e disfrutar cos seus personaxes.

Roald Dahl naceu en Gales, no seo dunha familia acomodada. Con sete anos internáronlle nun colexio, onde sufriu o ríxido sistema educativo británico, que reflectiría logo nalgúns dos seus libros. Terminado o Bacharelato, entrou a traballar á Shell, a compañía multinacional petroleira, en África. Neste continente é onde lle sorprendeu a Segunda Guerra Mundial, na que tomou parte. Fíxose piloto da Royal Air Force; foi abatido en combate e pasou seis meses hospitalizado. Despois destinárono a Londres, e a Washington comezou a escribir as súas aventuras de guerra. A súa incursión na literatura infantil estivo motivada polos contos que contaba aos seus catro fillos. En 1964 publicou a súa primeira obra, Charlie e a fábrica de chocolate. Tamén escribiu guións para películas; concibiu personaxes famosos, como os Gremlins, e algunhas das súas obras leváronse ao cinema.

Moitos dos libros infantís de Roald Dalh foron ilustrados por Quentin Blake. Ilustrador, escritor e debuxante británico. Ilustrou 19 libros de Roald Dahl. En 2002 obtivo o Premio Hans Christian Andersen, o mellor recoñecemento internacional para ilustradores de libros infantís.