Lewis Carrol 2011

No 2011 fixemos a homenaxe a Lewis Carrol, autor de “Alicia no país das marabillas”, ou do subsolo, como se chamou nun principio, Lewis Carroll e a súa obra.

Non só escribiu esta obra senón que tamén adicouse á fotografía e ás matemáticas, de feito se lemos esta obra polo miúdo non só atopamos as peripecias dun coello con moita présa e un gato que se fai invisible, senón que tamén asistimos a unha exposición crítica da sociedade e as súas tradicións ademais da presentación de teorías matemáticas e xogos de lóxica.

Para reler "Alicia" presentamos na biblioteca unha mostra das distintas edicións publicadas así como unha exposición dos distintos ilustradores ao longo do tempo grazas á xenerosidade da responsable da biblioteca do CEIP de Esteiro, Mª José Souto.

Como ambientación da obra fixádevos nos obxectos que acompañan a exposición: creamos un ambente propicio para súa lectura sosegada... e non vos esquezades de participar nos concursos que convocamos, un de debuxo e outro sobre a obra de "Alicia no pais das marabillas"!