Mark Twain 2010

No 2010 achegámonos a Mark Twain no centenario da súa morte. Samuel Langhorne Clemens era o seu nome real e adoptou este sobrenome porque era un exclamación que oia moito entre os mariñeiros do Mississipi, o seu lugar de orixe. Quere dicir "marca vinte" e ten que ver coa profundidade a que está o fondo do río. Algo moi importante para evitar encallar.

Curiosidades na vida do noso autor:

1. Aínda que non tiña moito que ver co seu pseudónimo, o verdadeiro nome de Mark Twain era Samuel Langhorne Clemens.

2. A súa obra, “As aventuras de Tom Sawyer” foi a primeira en redactarse por unha máquina de escribir.

3. Nunha frase do seu libro, Mark Twain confesou algúns dos personaxes de “As Aventuras de Tom Sawyer” en realidade existiron, pois para lograr a súa obra tivo que tomar unha ou dúas das súas experiencias propias, mentres que o resto foron baseados na vida doutros nenos.

4. Huck Finn tamén tivo a súa propia novela que resultou unha secuela de “As Aventuras de Tom Sawyer”, chamándose eventualmente, “As Aventuras de Huckleberry Finn”.

5. En 1909, Mark Twain mencionou unha frase sobre a súa morte que un ano máis tarde cumpriríaselle, morrendo así o 21 de Abril de 1910, un día antes da chegada do Cometa Halley:

“Vin ao mundo co cometa Halley en 1835. Volve de novo o próximo ano, e espero marcharme con el. Será a maior desilusión da miña vida se non me vou co cometa Halley. O Todopoderoso dixo, sen dúbida: “Agora están aquí estes dous fenómenos inexplicables; viñeron xuntos, xuntos deben partir?. Ah! Espéroo con impaciencia.”

6. 1986 a longametraxe, “As Aventuras de Mark Twain” chega ao cinema e nela inclúense personaxes como o seu inseparable amigo Finn, no que planea voar cara á órbita do Cometa Halley.

7. Iniciou a súa carreira aos 11 cando o seu pai morreu de pneumonía e tivo que deixar a escola primaria. Máis tarde obtivo o posto de tipógrafo onde comezou a publicar bosquexos humorísticos.

8. Samuel chegou a empeñarse como inventor pero desafortunadamente os seus investimentos levárono a perder grandes cantidades de diñeiro.