Walter Scott 2017

Neste ano 2017 fai 185 anos desde que Sir Walter Scott finou. Autor destacado na literatura escocesa e universal quixemos traelo ao homenaxe que facemos polo día das BEs pola calidade das súas obras e porque os clásicos nunca morren.

Houbo un tempo en que non había mellor autor de novela histórica que Walter Scott e falar das súas novelas históricas era falar tamén de novelas de aventuras. Estas características convertíano nun autor clásico da literatura xuvenil. Nas súas novelas hai piratas, nobres escoceses e, está claro, cabaleiros; o máis nobre de todos eles Ivanhoe, protagonista dunha novela extensa pero apaixonante. Moitos dos profesores do centro lembramos da nosa infancia as obras e películas baseadas nas obras deste autor, Ivanhoe (case podemos escoitar a música da película na nosa cabeza...), Rob Roy, Robin Hood...

A obra de Scott está considerada como unha das máis influentes no continente europeo e o seu compoñente romántico apréciase en multitude de obras posteriores en distintos países. As súas novelas foron levadas ao teatro, ao cinema e a televisión en multitude de ocasións e a súa figura alíñase coa dos grandes autores da literatura universal.