Edgar Allan Poe 2009

No 2009 eliximos a Edgar Allan Poe como autor homenaxeado no aniversario do seu nacemento 1809 e da súa morte 1849. Fixemos unha exposición das súas obras que acompañamos con extractos dos máis arrepiantes ademáis de ilustracións das mesmas.

Cumpríronse 200 anos do nacemento do escritor, precursor do conto moderno e a novela detectivesca, e mestre do terror, o misterio e o romanticismo tenebroso.

Quizais esta noite, como sempre desde 1949, alguén deixará unha botella medio baleira de coñac e un ramo de rosas vermellas sobre a tumba do autor no cemiterio Old Western, en Baltimore, mentres o resto do mundo realice homenaxes ao autor dos crimes de cálea Morgue, O gato negro, O escaravello de ouro ou O corvo, o seu poema-símbolo.

Se te animas a ler as súas obras podes facelo online ou na biblioteca.

E se queres coñecer a Edgar Allan Poe como persoa, como autor e moitas outras cousas máis visita English is all around.