No Día das Bibliotecas Escolares lembramos un autor moi relevante no panorama social e político. Este ano, por desgracia como moitos outros, estamos rodeados de conflitos bélicos que estremecen a alma e fan máis premonitorio o mundo que reflectiu o autor ao que nos achegamos este ano 2024.
Novelista crítico e visionario, George Orwell reflectiu na súa obra literaria a cara máis escura dos totalitarismos do século XX e vaticinou algúns dos cambios sociais que determinaron o presente.
Esperamos que revisando a súa vida e obra poñamos unha pedra para construir un mundo mellor, non feliz como describía Aldoux Huxley, amigo e profesor en Eton do noso autor.
Visitade a exposición na galería do centro e participade no concurso:
Bibliografía:
Comisión Dereitos Humáns México. necrolóxica George Orwell
Orwell toma café en Huesca, issu.
Recensión no National Geographic Historia.
Recensión na editorial Planeta.