Presentación

Na biblioteca do IES Fernando Esquío organizamos varias actividades nas datas sinaladas como de "libros, lectura e bibliotecas".

Ao redor do 24 de outubro organizamos unha actividade de homenaxe dun autor coñecido do que se celebre algunha conmemoración no ano escollido. Planificamos unha exposición cos libros do autor e un concurso no que os alumnos teñen que investigar a vida do autor e ler as obras para atopar as incognitas plantexadas.

Tomamos a idea das Xornadas Literarias organizadas no Concello de Neda en colaboración coa Universidade da Coruña. Nelas trátanse autores de reconocido prestixio e dificultade na lectura como Julio Cortazar, Miguel de Cervantes, Fernando Pessoa, William Faulkner, Thomas Mann, Fiodor Dostoievsky, Marcel Proust, Bob Dylan, Alessandro Manzoni, Virginia Wolf, Nadine Gordimer...A documentación sobre estas Xornadas está dispoñible tanto no blog do club de lectura Pantasmas de papel e no blog da biblioteca Blogfesquío.

Obviamente a actividade que propoñemos o 24 de outubro está adaptada aos alumnos aos que vai dirixida e o seu obxectivo é disfrutar coa achega do autor e as súas obras.

Os autores van en orde cronolóxica inversa, os máis recentes primeiro; para ver os anteriores premede no máis.

Nota: Se alguén precisa dos solucionarios, deberá dirixirse á responsable da biblioteca do IES Fernando Esquío no correo fesquio@gmail.com.