INICIO
Benvidos e benvidas á web da ANPA Athenea do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios. Nesta páxina as familias teredes acceso á información do funcionamento da asociación e as actividades que se organizan.
Moitas grazas!
🌰🎉 O venres celebrouse o magosto do cole 🎉🌰
🎊 Moitas grazas a todas as familias que participáchedes e tamén ao CsC de Conxo por prestarnos a súa parrilla!!!
CAMBIO DE DATA DO MAGOSTO 2023
Adiamos a celebración do magosto para o vindeiro venres 17 de novembro.
Precisamos da vosa colaboración para:
a) picar castañas o martes 14, mércores 15 e xoves 16 entre as 16.30 e as 18.30h
b) asar castañas o venres 17 ás 9h
Necesitámosvos!
Dinos en que podes axudar respondendo a este formulario
Graciñas!
PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN NO NADAL
O Concello de Santiago abriu o prazo de inscrición para a conciliación no Nadal do 31 de outubro ao 9 de novembro.
Tedes toda a información na web do CEIP Quiroga Palacios
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES OS VENRES
Ola familias, traemos boas novas👏 !!
Abrimos actividades extraescolares os venres no pavillón Quiroga Palacios.
Este curso escolar 2023-2024 conseguimos que o Concello de Santiago establecese poder contar cun conserxe para a apertura e o peche do pavillón.
• 🤸 Predeporte: de 16:30 a 17:30h. Infantil, 1º e 2º de EP.
• 🏐 Voleibol: de 17:30 a 18:30h. De 3º a 6º EP.
Prezo: 14,50€/mes
✒️ Inscricións: desde o xoves 2 ata o xoves 9 de novembro en ACTEX
📆 As actividades comezarán o venres 17 de novembro
Para calquera dúbida, contactar con: santiago@actex.es
MAGOSTO 2023
Queridas familias👋:
Se as condición meteorolóxicas o permiten, o Venres 10 de novembro, celébrase o magosto no cole.
Precisamos da vosa colaboración para:
a) picar castañas o martes 7, mércores 8 e xoves 9 entre as 16.30 e as 18.30h
b) asar castañas o venres 10 ás 9h
c) recoller a parrilla no CSC Conxo o xoves 9 e deixala montada no colexio o mesmo xoves. É preciso una furgoneta para transportala e xente con forza
Dinos en que podes axudar respondendo a este formulario:
Graciñas! Contamos convosco!
CONTACTO PROVEEDORES ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
CURSO 2023 – 2024
👋 Ola familias:
📆 O pasado luns 2 de outubro deron comezo as actividades extraescolares para este curso escolar 2023-24. Disfrutade e aprendede moito rapaces!
🥋🩰⛹🏽 A partir de agora, para realizar calquer xestión (baixa, cambio de horario,…) ou dúbida que necesitedes solventar, tedes que contactar directamente co proveedor da actividade en cuestión.
ℹ️ Neste cadro podedes ver os proveedores e os seus correos electrónicos de contacto.
Grazas!!
Info extraescolares
CURSO 2023 – 2024
🤗 Desde ANPA Athenea estamos moi agradecidos pola fantástica acollida das actividades extraescolares neste curso escolar 2023-24.
ℹ️ Confirmarvos que todas as solicitudes (máis de 400) foron admitidas!!!. Tedes a confirmación no voso email 📩
🔊 Nalgúns casos, será preciso formalizar as inscricións nos propios clubes. Informarémosvos ao longo desta mesma semana.
👯🤖🏊🏼 Temos prazas nalgunhas das actividades ofertadas. 🖊️ Abrimos de novo prazo para a inscrición ata este xoves 28 de setembro: https://actex.argosgalaica.com/inscripciones/QUIROGA
👯♂️ Baile Sondanza venres
🤖 Robótica martes
🧘🏽♀️ Ioga
🥋 Iudo
🧩 Lóxica divertida martes e mércores
🏊🏼 Natación luns 17.15; xoves 18.00; sábado 11.00
🪇 Pandeireta
🏓 Tenis de mesa
🪩 Zumba/Baile moderno
Inicio extraescolares
CURSO 2023 – 2024
🤗 Ola familias:
🧩🏀 Desde ANPA Athenea, compartimos con vós a proposta definitiva de actividades extraescolares para o curso escolar 2023 - 2024.
No cadro podedes ver o espazo onde ten lugar a actividade e o prezo da actividade.
Comenzarán en outubro.
🖋️ Inscricións: do martes 12 ao martes 19 de setembro neste enlace
https://actex.argosgalaica.com/inscripciones/QUIROGA
📆 Comunicaremos os admitidos o 22 de setembro.
MATRÍCULA: Socios: gratuíta Non socios: 15 €
Lembrade tedes á vosa disposición a ludoteca a horario completo desde o 11 de setembro, para facilitar a conciliación das familias que o precisen. Inscrición no correo santiago@actex.es
Ludoteca setembro
🤗 Xa está rematando o verán!
Lembramosvos que para facilitar a conciliación desde o inicio de curso, contamos co servizo de LUDOTECA 🪁, que dará comezo o luns 11 de setembro
🗓️ De luns a xoves de 16.30 h a 18.30 h
🖊️ Envía este formulario cuberto a santiago@actex.es antes do 6 de setembro
ℹ️ Máis info no documento de inscrición
Actividades extraescolares 2023/24
🤗 Queridas familias: esperamos esteades a pasar un bo verán ☀️⛱️
No mes de setembro, unha vez comecen as clases, podedes facer uso da LUDOTECA 🪁 (de luns a xoves de 16.30 h a 18.30 h).
ℹ️ Estade atentos!!! Próximamente publicaremos as formas de inscrición.
Comedor e madrugadores 2023/24
📆 APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O CURSO 2023-2024
ℹ️ http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=14747&lg=gal
Festa das familias 🎈
ANPA ATHENEA organiza a I Festa das familias co obxectivo de que a cativada, os nais e os pais dos alumnos do CEIP Quiroga Palacios poidan compartir un espazo de ocio e diversión.
📆 Xoves 22 de Xuño
📍Lateral do CSC Santa Marta. 🕠 A partir das 17.00 h
🍉 Merenda compartida. Cada familia leva o que considere
👾 Xogos de lóxica, quebracabezas, pintacaras,…
👨🏫 Mesa redonda. Medrar en galego
🎤📖 Contacontos: 0-5 e 6-9 anos
🎶 Dj Pop Voyage
ℹ️ Máis info en breve
Fondo de libros da ANPA para o curso escolar 2023/24
➡️ O martes 20 de xuño realizarase a recollida de doazóns de libros de 3° EP, pola ventá situada a esquerda da porta de acceso C (parada de autobús), de 9:00 a 10:00 e de 13:00 a 14:00. Dado que os libros de 4º EP cambian para o vindeiro curso, as novas doazóns limitaranse aos libros de 3º EP. As solicitudes de préstamo de libros de 3º EP para o curso 23/24 realizaranse ata o 16 de xullo enviando un correo a anpa.athenea@gmail.com, indicando o nome do/a alumno/a, un teléfono de contacto, que libros de 3ºEP se precisan, e adxuntando copia da solicitude ou resolución de adxudicación do fondo de libros da Xunta, se esta foi tramitada, pois dará prioridade na asignación. Na semana do 17 ao 23 de xullo confirmarase a asignación de libros. Estes entregaranse o primeiro día de clase (11 de setembro). MÁIS INFO ℹ️
Asamblea de socios
📅 Mércores 14 de xuño
🕛 16.15 h - 1ª convocatoria / 16.30 h - 2ª convocatoria
📍CEIP Quiroga Palacios. Aula 4°B
🧩 Servizo de Ludoteca á vosa disposición previo envío de email a santiago@actex.es con data límite martes 13.
🗳️ Se non podes asistir, podes delegar o teu voto completando este documento
Orde do día:
1. Lectura e aprobación acta anterior.
2. Balance do curso 22/23.
3. Lectura e aprobación contas curso 22/23 e orzamento 23/24.
4. Plan de actividades 23/24.
5. Modificación xunta directiva.
6. Rogos e preguntas.
Convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso escolar 2023/24
➡️ As familias que queden fóra desta axuda, poden optar ó fondo de libros da ANPA, sempre e cando solicitedes previamente esta axuda.
⚫️ Este ano só dispoñeremos de libros para terceiro de primaria en función das doazóns recibidas.
🗓 As datas de entrega e recollida confirmaranse preto do final de curso.
ℹ️ Podedes atopar información sobre a documentación que tedes que entregar na páxina web do CEIP Quiroga Palacios.
ENAPAS. Obradoiro de ecopercusións para nais, pais e profes
O vindeiro luns 17 de abril, dentro das actividades para as ENAPAS, realizarase no centro un obradoiro de percusión destinado a nais, pais e profesorado.
Horario: de 16.30 h a 18.30 h • Máximo 30 prazas
Os/as interesados/as en participar deberán apuntarse na secretaría o mesmo luns pola maña.
Animádevos a participar!
Bolsas comedor, material e extraescolares
O 24 de febreiro, abriuse o prazo de solicitude das bolsas de comedor 🍲, adquisición de material escolar 📚 e actividades extraescolares 🎨 ⚽️
As familias dispoñedes de 9 días hábiles para presentar as solicitudes.
https://i.gal/yUclT
Enquisa extraescolares
Ola familias 🤗
Xa chegamos á metade do ano e desde ANPA ATHENEA, co obxectivo de mellorar de cara ao vindeiro curso, gustaríanos coñecer a vosa opinión sobre as actividades extraescolares 🏀🥋🏊♀ ás que asisten os vosos fillos e fillas.
Invitámosvos a completar a enquisa nesta ligazón:
https://forms.gle/28Kpmk8SzyBCTP4dA
Grazas
🎭Campamento de entroido
📆 Datas: 20, 21 e 22 de febreiro
🕜 Horario: 09.00 h a 14.00 h
😴 Madrugadores: 07.45 h a 09.00 h
🍽️ Comedor: 14.00 h a 16.00 h
Máis información e folla de inscrición: https://i.gal/campaentroido
Unha vez cuberta, enviar a folla de inscrición a santiago@actex.es
✍️ DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN 12 DE FEBREIRO!!
Organiza: FEDERACIÓN DE ANPAS “Compostela"
Charla: "La importancia de la visión en el aprendizaje"
Aínda que o teu fillo/a, alumno/a non necesite lentes 👓, nin teña enfermidades nos ollos 👁️👁️, pode que teña un problema visual que estea a afectar a súa aprendizaxe 📖.
📢 Nais, pais, mestras/es, desde ANPA ATHENEA comvidámosvos á 🗣️ Charla: "La importancia de la visión en el aprendizaje".
Desde o Centro de Optometría Galego achegarannos á visión, os problemas visuais, a súa implicación no rendemento académico, os seus posibles tratamentos e normas de hixiene visual.
📆 26 de xaneiro
🕜 18:30h 🏫 Biblioteca CEIP Quiroga Palacios
Prazas limitadas! ✍️ anpa.athenea@gmail.com
MAGOSTO 2022
Estimadas familias:
O vindeiro venres, 11 de novembro, celébrase o 🌰🌰🌰 magosto no cole.
Precisamos da vosa colaboración para picar castañas o martes, mércores e xoves entre as 16.30 e as 18.30 h. E o mesmo venres 11 pola mañá para asalas.
Graciñas! Contamos convosco!
Saúdos
ANPA ATHENEA
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Queridas familias, esperamos esteades ben.
Informarvos de que quedan prazas libres nas seguintes actividades extraescolares:
♟️xadrez
🧘♀️ioga
🎾deportes de raqueta
🏃predeporte
💂♀inglés
🤸♀ximnasia rítmica
🏀baloncesto
⚽ fútbol
🤾♂balonmán
🥋iudo
🤖robótica (martes 17:30 e mércores 16:30)
🧩ludoteca
A inscrición está aberta tanto para o alumnado do Quiroga Palacios como para o de outros centros da FANPA Compostela.
Podedes inscribirvos enviando un email a anpa.athenea@gmail.com ata o vindeiro domingo 6 de novembro.
Animádevos!
Saúdos
ACTIVIDADES VENRES
📆 Para as actividades dos VENRES o punto de entrega e recollida dos nenos e nenas é a entrada do pavillón. Os que van directamente desde o comedor serán recollidos polos monitores.
NOVIDADE!!!
Actividade gratuíta de balonmán 🏐 os VENRES pola tarde. Soamente se realizará os meses de outubro e novembro en horario de 17.30 a 18.30 h.
Data de inicio: venres 14 de outubro
👉 Máis información: http://ir.gl/7ef1e0
✍️ Inscricións: http://ir.gl/2c262
COMEZO EXTRAESCOLARES 22/23
👋 Ola familias!
📆 O SÁBADO 1 DE OUTUBRO comezan as actividades extraescolares no CEIP Quiroga Palacios.
🔴 Aínda quedan prazas libres en deportes de raqueta, iudo, xadrez, inglés lúdico e ximnasia rítmica. Si estades interesadas estará aberta a inscrición ata completar o aforo: http://ir.gl/d98cbd
No caso da LUDOTECA 🪁 a inscrición estará aberta todo o ano.
Recorda: A inscrición farase enviando un email a santiago@actex.es adxuntando este formulario: http://ir.gl/fe31b2
Se necesitas facer uso da LUDOTECA 🪁 en días soltos, recorda que é importante avisar o día anterior para o correcto funcionamento do servizo.
✍️ Podedes facelo co mesmo formulario vía email santiago@actex.es ou no whatsapp 691475060
📖Este ano poderemos voltar a facer uso da biblioteca do cole. O horario é os luns, mércores e xoves de 16.30 h a 18.30 h
Xunta Directiva da ANPA Athenea.
INFO EXTRAESCOLARES 22/23
🏘 Ola, familias!
Grazas polo interés mostrado nas actividades de este ano, hai unha gran participación. Estamos moi agradecidas e encantadas de poder levar a cabo todas as actividades posibles.
Recibidas todas as inscricións informámosvos de que ESTÁN TODAS AS SOLICITUDES ACEPTADAS coas varias puntualizacións.
INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES 22/23
👨👩👧👦 Ola Familias! Desde ANPA ATHENEA esperamos que nas vosas casas fose levadeira esta volta ao cole.
Hoxe comeza o prazo de inscrición nas actividades extraescolares, polo que aproveitamos para lembrarvos o proceso para solicitalas:
1️⃣ Precisamos actualizar a base de datos, polo que se a vosa familia:
- XA É SOCIA: cubre o formulario (ata o vindeiro mes de outubro non se pasará o cargo de cota deste curso escolar, pero precisamos actualizar os datos de contacto agora).
- NON É SOCIA: animámoste a asociarte, son só 12 €/ano e xuntas conseguiremos facer moito polas crianzas e as familias do Quiroga Palacios 💪. Tamén podedes inscribirvos nas extraescolares sen ser socias (tedes a información na nosa web).
2️⃣ Información e inscrición online das extraescolares (este ano se hai máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo).
Moitas grazas.
NATACIÓN NA PISCINA DA USC
🏊♂🐟Natación na PISCINA da USC
📢 ATENCIÓN, 💻 IMPRESCINDIBLE Inscrición DOBLE
• Na web da USC: www.usc.gal/deportes
- Rexistro da nai/pai/tutor
- Rexistro do rapaz/a
• Neste vínculo de ACTEX: https://actex.argosgalaica.com/inscripciones/QUIROGA
📝 Prazo de matrícula a partir do LUNS 12/09
⏰ Horarios
- Luns: de 17:15 a 18:00 h
- Martes: de 17:15 a 18:00 h
- Xoves: de 16:30 a 17:15 / de 18:00 a 18:45 h
- Sábado: de 11.30 a 12:15 h
📅 O curso divídese en 2 cuatrimestres:
- de 1 de outubro a 31 de xaneiro
- de 1 de febreiro a 31 de maio
💶 O importe por alumno/día e cuadrimestre é de 48€ de Luns a Venres, 60 € os sábados.
¡¡Importante!!
Para asistir a esta actividade o hai que cumprir os seguintes requisitos:
- Ter DNI ✅ (hai que o levar para entrar á piscina).
- Ter un mínimo de 6️⃣ anos cumpridos no ano 2022
- 🚺🚹 Ser autosuficiente para desenvolverse nos vestiarios.🛁
- Dispoñer da tarxeta identificativa TUI (faise na Oficina do BSCH do Campus)
XORNADA DE PORTAS ABERTAS EXTRAESCOLARES
O clube de Balonmán Ribadosar e Play Code Academy ofrecen xornadas de portas abertas para coñecer de primeira man a súa oferta de actividades para o alumnado do CEIP Cardeal Quiroga Palacios.
ROBÓTICA: Luns 12 de setembro ás 16.30 h na aula de informática do centro. Precísase reserva de praza enviando un email a anpaathenea@gmail.com.
Máis información en https://youtu.be/tbAjVcYFvks e en https://playcodeacademy.com/
BALONMÁN: durante o mes de setembro, o Clube de Balonmán RibadoSar. Máis información e inscricións na súa web https://cbribadosar.blogspot.com/2022/09/xornadas-de-portas-abertas-de-balonman.html
Extraescolares 22/23
O prazo de inscrición comeza este venres día 9 e remata o 14 de setembro (ámbolos dous días incluídos). Tedes toda a información sobre a oferta de actividades, horarios e prezos nesta ligazón. Máis información
Volta ao cole
EXTRAESCOLARES E LUDOTECA.
Máis informaciónINFO A FAMILIAS
👨👩👧👦 Ola, Familias! Desde ANPA ATHENEA esperamos que a rapazada gozase moito da festa de fin de curso e que comezásedes ben o verán.
BOLSAS COMEDOR
As familias que solicitaron as bolsas de comedor, actividades extraescolares e/ou material escolar para o vindeiro curso 2022/2023, teñen de prazo ata o vindeiro luns 3 de xullo para a subsanación de solicitudes e documentación.
O mércores 29 de xuño realizarase a recollida dos libros 📚 prestados dende o fondo de libros da ANPA, así coma de novas doazóns, pola ventá situada á esquerda da porta de acceso C.
Horario de 9.00 a 10.00 h e de 13.00 a 14.00 h.
Campamento de verán. Plan Corresponsables
O Campamento Verán de Esgrima 2022 está acollido ao Plan Corresponsables, que subvenciona o 100% da actividade.
Máis info: http://ir.gl/0e77
Publicado o calendario escolar 2022/2023
Info de obxectos perdidos no cole
Prendas da foto
Estimadas familias. Na Asamblea de socias/os celebrada o 10 de maio de 2022 acordouse por unanimidade a renovación da
Xunta Directiva. Máis información.
Información sobre actividades extraescolares para o curso 2021/2022
Dende a ANPA, notificamos ás familias socias que nos días 27 e 28 de setembro, no horario de 9:15 a 10:00, daremos comenzo ás inscricións para as actividades extraescolares. Descargar formulario.
Debido ao protocolo Covid da Consellería de Educación, a directiva da ANPA Athenea tomou a decisión de NON ORGANIZAR ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. Informamos ás familias que esta asociación non pode realizar ningún tipo de certificado que así o indique.
Estamos a ter un comezo de curso complicado en canto á organización dos comedores. Consulta aquí toda a información de que dispoñemos ata o momento.
Xornada de Portas Abertas
As familias que queiran coñecer o noso centro, poderán facelo na xornada de portas abertas o vindeiro martes 3 de marzo de 16:30 a 17:30 h. Serán recibidas polo equipo directivo e o equipo de Educación Infantil e tras unha breve exposición, na biblioteca, sobre as características do centro, farase un percorrido polas instalacións do mesmo. Poderán acceder ao centro pola porta do patio cuberto.