Saltos coloridos (solitario)
O obxectivo é que quede 1 soa ficha no xogo.
Saltando por riba dunha ficha eliminámola.
Neste caso, unha bola pode saltar só por riba doutra bola dunha cor distinta.
Comézase con tres bolas de cada cor, colocándoas libremente
(a resolución do xogo vai depender do xeito no que se coloquen).
Hai tres saltos posibles (ver a figura)