Xogo Cooperativo con todas as fichas (11)
3 xogadores (cada un a súa cor), ou
11 xogadores (cada un move unha ficha, que debe estar identificada)
Escóllese (ou sortéase) unha das posibilidades seguintes
(A, B, C, D)
(as figuras non se deben amosar, pois indican só algunha das combinacións posibles):
Exemplo da configuración A (Pirámide + Plano + Liña)
Pirámide: Caoba, Plano: Crema, Liña: Branco
Arrastra unha bola para variar a perspectiva
Pirámide: Amarelo, Plano: Verde, Liña: Azul
podes ver na columna dereita exemplos destas configuracións (que non son os únicos posibles, pois depende da vosa creatividade conseguir unha configuración diferente e que sexa aceptable).
Comézase colocando unha ficha cada vez, procurando construír as figuras asignadas a cada cor (e, se non se deran feito, ocupando calquera outro lugar que estea libre). Nesta parte non debería haber comunicación entre os participantes.
Exemplo da configuración B (Pirámide + Rombo + Triángulo)
Pirámide: Caoba, Rombo: Crema, Triángulo: Branco
Pirámide: Azul, Rombo: Verde, Triángulo: Amarelo
Cando todas as fichas estean colocadas, comeza a fase cooperativa, na que cada xogador move na súa quenda, cunha actitude de colaboración para conseguir o resultado desexado.
Nesta fase non hai ocos libres, polo que as fichas móvense intercambiando a posición con outra ficha calquera..
Para non eternizar o xogo, pode ser convinte marcar un tempo límite.
Exemplo da configuración C (2 Pirámides + Triángulo)
Pirámides: Caoba e Crema, Triángulo: Branco
Pirámides: Azul e Amarelo, Triángulo: Verde
Exemplo da configuración D (3 figuras planas)
Caoba: Rombo, Crema: Triángulo (equilátero con punto central), Branco: Triángulo equilátero
Azul: Rombo, Amarelo: Triángulo (equilátero con punto central), Verde: Triángulo