Xogo Cooperativo deixando ocos (con menos de 11 fichas)
3 xogadores (cada un a súa cor), ou
equipos de 9 ou 10 xogadores (un por ficha)
Cada cor escolle (ou sortéase) unha destas opcións:
De 3 fichas: Liña, Triángulo (equilátero, rectángulo, escuadra ou cartabón)
De 4 fichas: Liña+punto, Plano, Cuadrilátero, Trapecio, Rombo, Pirámide
Exemplos dos triángulos rectángulos mencionados anteriormente:
Comézase colocando unha ficha cada vez, procurando construír as figuras asignadas a cada cor
(e, se non, ocupando outros lugares).
Nesta parte non debería haber comunicación entre os participantes,
Cando todas as fichas estean colocadas, comeza a fase cooperativa, na que cada xogador move na súa quenda, cunha actitude de colaboración para conseguir o resultado desexado.
Pode ser interesante marcar un tempo límite para non eternizar o xogo.