3 en triángulo (equilátero) para 2 xogadores
Xogadores: A e B. cada un con 3 fichas.
Gaña quen primeiro consiga facer un triángulo equilátero coas súas 3 fichas.
A torre central pódese retirar do xogo neste caso, xa que non participa en ningún dos triángulos posibles. Isto evita confusións, mais os xogadores poden decidir se retirala ou non.
As seguintes son imáxenes dinámicas.
Arrastrando unha das bolas, podes facer xirar o xogo para velo desde diferentes perspectivas.
Tamén podes ampliar ou reducir a vista xirando a roda do rato.
Exemplos de triángulos (equiláteros, hai 24):
Para evitar que o 1º xogador teña unha vantaxe escesiva, cada xogador colocará na sua 1ª xogada unha bola "neutra", de cór diferente ás dos xogadores, an calquera torre (a do 1º xogador non pode ir á torre central)
Calquera destas bolas poderá ser movida durante o xogo (sempre que non a acabara de mover o xogador anterior), mais para elo o xogador que o faga consumirá o seu turno.
Tamén existe a opción de pasar o turno sen mover ningunha bola.
Exemplos de triángulos equiláteros
(pódese comprobar que a torre central está retirada)