A base das 11 Torres permite crear estruturas diferentes do tetraedro usando o mesmo conxunto de barras.
Moitas desas estruturas presentan unha ou varias alineacións posibles nalgúns casos con 9 liñas igual que o tetraedro, habendo incluso unha estrutura na que se poden alinear 3 bolas de 14 xeitos diferentes.
Este procedemento permite xogar de xeito cooperativo e tamén de xeito competitivo.
Pódese xogar tamén nun taboleiro de papel copiando a figura da dereita (ou descargando abaixo o pdf) e recortando os círculos numerados (corresponden coas barras) e os coloreados (corresponden coas bolas de diferentes cores).