3_xogadores

Para xogar 3 persoas, cada unha con 3 bolas dunha mesma cor.

Nestes xogos para 3 xogadores hai un movemento adicional optativo:

Cada xogador pode optar por intercambiar unha das súas bolas por unha bola do xogador seguinte, nunca por unha bola do xogador anterior.

Esta posibilidade (que é unha alternativa á de mover unha bola a unha torre baleira, polo que de facerse este movemento non se pode facer o outo) engádelle profundidade estratéxica ao xogo.

Dito doutro xeito:

Cada xogador pode escoller entre mover unha bola a unha torre baleira ou intercambiala por unha das bolas do xogador seguinte (mais nunca por unha bola do xogador anterior, é moi importante respectar isto xa que doutro xeito este movemento sería "gañador seguro".)

Formando figuras iguais:

Combinando figuras diferentes:

Nos xogos con 3 xogadores, a secuencia de xogo é a mesma das agullas do reloxo.

Para evitar que a orde afecte ao resultado, pódese acordar o seguinte:

Despois da cada partida, o xogador que gaño mantén o seu posto, e os outros dous intercambian as suas posicións na mesa.