Cooperativos

Xogos Cooperativos

As 11 Torres, ademáis de xogos competitivos, admiten tamén a posibilidade de facer xogos cooperativos.

A finalidade destes non é conseguir vencer a un (ou varios) adversarios, senón conseguuir un obxectivo común.

Figuras na Pirámide

Estes xogos teñen 3 Fases:

Fase 1: en primeiro lugar establécese o obxectivo (por consenso ou por sorteo), despois

Fase 2: vanse colocando as fichas unha a unha sen comunicarse uns xogadores cos outros, e finalmente éntrase na

Fase 3 (a verdadeiramente cooperativa), na que cada xogador consensúa o seu movemento co resto de xogadores, para tentar acadar o obxectivo común.

Construción de Estruturas

Nesta modalidade pártese da base sen as torres, e o obxectivo é construir unha estrutura na que se procurará acadar o maior número posible de bolas alineadas.

Está explicado nesta páxina.

Nestes xogos, ode ser interesante marcar un tempo límite para non eternizarse.