Xogo semellante ao coñecido como “3 en raia”, só que aquí o taboleiro non é un cadrado
senón un tetraedro con 11 puntos.
proba a xirar a figura co rato.
Ao igual que no “3 en raia”, os xogadores van colocando as súas fichas nos lugares dispoñibles, un despois do outro.
Gaña quen primeiro consiga facer coas súas fichas unha determinada figura.
Coas 11 Torres pódense xogar moitos xogos diferentes, anímate a probalos!
Hai moitos modelos das 11 Torres.
Consigue o teu!
Autor: Xabier Prado