Estruturas_Competitivo

A posibilidade de usar tamén as propias torres como elemento de xogo abre novas variantes de xogo.

A máis simple sería a de 3-en-raia entre 2 xogadores.

Pártese do taboleiro só, sen ninguha torre. As torres colócanse ao seu carón ordeadas por tamaños.

Cada xogador ten 3 bolas da mesma cór (Brancas as do primeiro en xogar e Marróns as do segundo).

Igual que no 3-en-raia normal, os xogadores van colocando de xeito alternativo as bolas e despois podennas movimentar ao longo das torres baleiras.

En cada movemento, un xogador debe mover unha bola da sua cor, e isto pódese facer destes xeitos:

-Colocar unha bola xunto cunha torre nun oco baleiro do taboleiro (as xogadas iniciais deben ser necesariamente deste xeito).

-Mover unha bola desde unha torre a outra que previamente colocamos nun oco baleiro (este será o segundo tipo de movemento, ata que todas as torres estean colocadas nos ocos do taboleiro.

-Intercambear duas torres, unha cunha bola da nosa cor e a outra baleira.

O obxectivo é conseguir dispoñer as 3 bolas nunha liña recta que non estea interrompida por unha bola contraria.

Ollo! Se a liña está interrompida por unha torre cunha bola que non está situada exactamente na liña das outras tres, esta considérase válida.

No caso de comprobar a existencia dunha estratexia gañadora, nas seguintes partidas o primeiro en xogar terá proibido comezar o xogo iniciando dita estratexia, e a partir de aí o xogo segue coas mesmas regras.